InicioSANTIAGOA Comisión Electoral da USC admite a candidatura de Alba Nogueira tras...

A Comisión Electoral da USC admite a candidatura de Alba Nogueira tras estimar a súa reclamación

A aspirante á reitoría fora excluída de xeito provisional e poderá finalmente concorrer ao proceso electoral e presentar o seu proxecto á comunidade universitaria

Publicado o

Xornal de Compostela

A Comisión Electoral Central da Universidade de Santiago de Compostela admitiu finalmente a candidatura de Alba Nogueira á reitoría da institución, despois de estimar a reclamación presentada tras a súa exclusión provisional do proceso electoral. A decisión permite que Nogueira concorra oficialmente ás eleccións e poida trasladar o seu proxecto ao conxunto da comunidade universitaria.

Segundo explicou a propia candidatura, a exclusión inicial baseábase na esixencia de documentación que xa se atopaba en poder da USC, unha circunstancia que, segundo se recollía na reclamación, vulneraba o dereito á elixibilidade e o principio de non ter que achegar documentos que xa obran en mans da administración. A Comisión Electoral deu finalmente a razón á aspirante, permitindo a súa incorporación definitiva ao proceso.

Desde a candidatura valoran de forma positiva esta resolución, que consideran necesaria para garantir o normal desenvolvemento do proceso electoral. “Afrontamos con ilusión este reto e alegrámonos de que poida darse unha participación democrática sen trabas”, sinalou Nogueira tras coñecerse a decisión.

A admisión chega despois dun atraso que, segundo recoñece a propia candidatura, condicionou inicialmente a planificación da campaña, especialmente no relativo á presentación pública do equipo que acompaña á aspirante e á organización de encontros coa comunidade universitaria. Con todo, Nogueira considera que se abre agora unha nova fase centrada no traballo, a comunicación e o intercambio de propostas, coa intención de presentar un proxecto de cambio para a USC.

No ámbito do debate institucional, Alba Nogueira fixo referencia tamén ao papel do colectivo de persoas claustrais ao que pertence no proceso de elaboración dos novos Estatutos da USC. Segundo explicou, este grupo promoveu emendas orientadas a ampliar a participación democrática, tanto nos criterios de elixibilidade para acceder á reitoría como na implantación do sufraxio universal nas eleccións a decanatos, en liña co establecido pola LOSU.

Fronte a propostas máis restritivas, a candidata defendeu unha visión baseada na ampliación da participación da comunidade universitaria. “A comunidade universitaria ten criterio para escoller o que é mellor para a USC e debemos aproveitar todas as posibilidades para darlle voz”, afirmou.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here