InicioSANTIAGOO Concello recibe as obras da nova praciña dos Loureiros e reabre...

O Concello recibe as obras da nova praciña dos Loureiros e reabre ao tráfico a contorna

A actuación no cruzamento coa ruela da Estila e a reurbanización da rúa Puente la Reina quedaron finalizadas e están operativas desde este venres

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago deu por rematadas e recibidas as obras de construción dunha nova praciña no cruzamento da rúa dos Loureiros coa ruela da Estila, unha actuación que permitiu reabrir ao tráfico rodado este punto desde o pasado venres. Os traballos, iniciados no mes de agosto, contaron cun orzamento de 85.615,32 euros.

A esta intervención súmase tamén a finalización da reurbanización da rúa Puente la Reina, que quedou igualmente aberta ao tráfico nos últimos días, completando así dúas actuacións recentes na zona orientadas á mellora da mobilidade e do espazo público.

O proxecto desenvolvido nos Loureiros responde á necesidade de crear un cruzamento máis seguro na confluencia desta rúa coa ruela da Estila e a ruela do Campiño do Carme, ambas de tránsito peonil. Trátase dun ámbito integrado no trazado do Colecamiños, un itinerario seguro de acceso aos centros educativos próximos, polo que a actuación supón unha mellora directa dos desprazamentos das crianzas e da seguridade peonil.

Antes da intervención, o trazado da calzada presentaba unha curva e contracurva con espazo para estacionamento, o que limitaba a visibilidade tanto das persoas que circulaban a pé como dos vehículos. Coas obras executadas, resolveuse este problema mediante a creación dunha plataforma única de preferencia peonil, pavimentada con laxas de granito.

A actuación incluíu a definición de pequenas zonas de estancia, a colocación de bancos de granito e a creación de alcouves para plantas, elementos que axudan a ordenar o paso dos vehículos e a humanizar o espazo. Ademais, plantáronse dúas árbores, que achegarán sombra durante os meses de verán e contribuirán á calidade ambiental da zona.

Os traballos completáronse con labores de mantemento do resto do pavimento da rúa, de chapacuña, permitindo a reapertura completa ao tránsito rodado unha vez finalizada a obra.

Segundo sinala o Concello, esta intervención inscríbese na liña de actuación do goberno municipal de crear espazos públicos seguros e de calidade para a veciñanza, ao tempo que se reforza o compromiso coa mobilidade de preferencia peonil e coa mellora da contorna urbana nos barrios de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Un ensaio clínico desenvolvido en Santiago logra un premio internacional por investigar un tratamento para a enfermidade de Crohn

Unha investigación realizada integramente en Santiago de Compostela conseguiu un recoñecemento internacional polos seus...

A Alameda de Santiago incorpora un banco para combater a soidade non desexada e fomentar a convivencia

A Alameda de Santiago de Compostela conta desde este martes, 20 de outubro, cun...

A rúa das Rodas recuperará o dobre sentido de circulación este mércores polos atrasos nos autobuses urbanos

O Concello de Santiago de Compostela restablecerá este mércores 21 de outubro o dobre...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here