InicioPOLÍTICARaxoi sobre o financiamento da capitalidade: "Non é xusta nin correcta"

Raxoi sobre o financiamento da capitalidade: “Non é xusta nin correcta”

Consultada sobre a vertedura ao río Sar, a portavoz municipal insiste en que Acuaes é a encargada de "xestionar toda esta cuestión"

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do goberno local de Santiago, Míriam Louzao, denunciou este venres que a cantidade que a Xunta destinará a Compostela por ser a capital de Galicia “segue sen ser a correcta” e asegurou que o goberno local “seguirá traballando” para que a cifra que se destine a este fin “sexa xusta”. En concreto, Santiago recibirá tres millóns de euros en concepto de capitalidade.

“Nós entendemos que esta decisión responde á presión que levamos mantendo desde que chegamos ao goberno de que Santiago non estaba a recibir a cantidade xusta por ser capital de Galicia. Por tanto, entendemos que debemos seguir traballando para esta sexa xusta, porque segue sen ser a correcta“, esgrimiu.

Ademais, lembrou que o presidente a Xunta, Alfonso Rueda, “comprometeuse a reunir ao Consello de Capitalidade para poder analizar cal era esa cantidade”, con todo, denunciou que este segue sen reunirse. Neste sentido, lembrou tamén que se fixo un estudo que cifra esta cantidade nuns oito millóns de euros, aínda que tamén asegurou entender que “non se pode pasar aos oito millóns de euros de golpe” e que ten que haber “unha progresividade”.

“Por tanto, benvida sexa calquera cantidade, pero séguenos parecendo moi pequena e seguiremos demandando que o presidente da Xunta cumpra a súa palabra e reúna ao Consello de Capitalidade e faga ese estudo que dixo que quería facer”, concluíu.

VERTEDURAS Ao SAR

Cuestionada pola vertedura ao río Sar, provocado supostamente polas obras na nova depuradora da Silvouta, que afecta o municipio de Ames, Louzao lembrou que estas actuacións dependen da sociedade pública Augas das Cuencas de España (Acuaes), que é a encargada de “xestionar toda esta cuestión”. Neste contexto, sinalou que toda esta problemática abordarase este luns nunha reunión da comisión de seguimento desta obra e insistiu en que esperan ter os datos técnicos entón.

CONTEMPORÁNEAS

Así o aseverou este venres antes os medios tras a rolda de prensa de presentación dunha nova edición do ciclo Contemporáneas, un programa de dez propostas, “diversas e interdisciplinares” que, entre outubro de 2025 e maio de 2026, “ofrece unha inmersión na creación musical contemporánea a través dun fío produtivo e competitivo: a auga”.

Tal e como detallou o goberno local nunha nota de prensa, nesta edición preséntanse nove estreas, dos que catro son absolutos e cinco escoitaranse por primeira vez en España, “reafirmando o compromiso do Auditorio de Galicia coa difusión da música contemporánea e co impulso a novas autorías”.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...

O Concello asegura que a maior parte das prazas de estacionamento de Xoán XXIII “están ocupadas” tras as queixas veciñais

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, confirmou...