InicioSANTIAGOCampaña 'Ficha polo galego' do Concello de Santiago para promover o uso...

Campaña ‘Ficha polo galego’ do Concello de Santiago para promover o uso da lingua no deporte

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, destacou o carácter transversal da iniciativa, que conxuga lingua e deporte

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello lanzou este xoves a campaña ‘Ficha polo galego’, dirixida a clubs e deportistas da cidade par promover o uso da lingua galega no deporte.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, presentaron a iniciativa en rolda de prensa xunto á técnica de Lingua Marta Bicada e coa presenza de membros Obradoiro CAB, Sociedade Deportiva Compostela, Club Atlético Fátima, Alto do Vento Fútbol sala, Club de Hockey Compostela, Club Voleibol Santiago, Triatlon Compostela, Entrenarunning e ADB Fontiñas.

‘Ficha polo galego’, tal e como indicaron, nace da necesidade de ofrecer ferramentas e referentes para promover o uso do galego no deporte, onde consideran que a súa presenza “é escasa”. Busca tamén vincular o maior uso do galego cos valores positivos transmitidos a través do deporte (como a cohesión, a identidade e a superación), e chegar ás franxas de idade máis novas.

A alcaldesa destacou o carácter transversal da iniciativa, que conxuga lingua e deporte coa intención de unir forzas e “conseguir que Santiago de Compostela sexa referente e capital para animar a todo o mundo a usar” o galego, situándose “na vangarda da defensa do idioma” como “referente para o conxunto da poboación galega”.

Neste sentido, Goretti Sanmartín puxo o foco nos datos do IGE que sitúan a Santiago como a cidade galega na que máis se usa a lingua propia de Galicia: máis de 41.000 persoas, o 44,52% da poboación fálana sempre ou case sempre e o 98,58% enténdena.

A rexedora avanzou que esta iniciativa terá continuidade no tempo, cunha relación permanente coas entidades deportivas para manter este impulso pola lingua.

A aposta inicial consiste en que os clubs asinen para dicir que o galego entra en xogo desde o “minuto cero” e que “marquen o camiño” co obxectivo de impulsar a reflexión e o cambio, individual e colectivo. “E ver que gran podemos pór nós e que se asocie o galego a valores positivos”, indicou.

Sanmartín apuntou que desde o primeiro momento apreciouse unha reacción moi positiva á campaña “cun efecto de contaxio que empezou a palparse”. “Non me estraña que nun lugar como Santiago de Compostela, onde o galego está tan vivo, senta e se reciba de forma tan positiva esta campaña”, apuntou.

Ademais, mencionou que durante a elaboración dos vídeos e doutros materiais da campaña o Concello contou xa coa implicación de deportistas como Branca Millán (baloncesto), Borja Igrexas (fútbol), Verónica Boquete (fútbol), Veiga Souto (ximnasia rítmica), Noa Fontes (adestradora de hóckey), Adrián Divos (adestrador de baloncesto), Carme Castro (presidenta de club de fútbol), Sergio Delpont (xornalista) ou Moncho Fernández (adestrador de baloncesto).

Entre os equipos colaboradores están o Obradoiro CAB, SD Compostela, Balonmán Ribadosar, Rugby Tuxeleires, Club de Atletismo Sar-Miraraio, Club Waterpolo Santiago, ADB Fontiñas, Escaravellos Club Ciclista, Hóckey Raxoi, Compostela Esgrima, Club Ximnasia Rítmica Compostela, Club de Tenis Camiño Stellae, San Pedro FC, Compostela Golf, Xadrez Compostela e Asociación Break Inclán, CD Ávalon Kai, entre outros.

Pola súa banda, a edil de Deportes, Pilar Lueiro, destacou a “ilusión” que xera esta campaña e a súa “relevancia social” tendo en conta que “o deporte é un espazo de socialización, aprendizaxe e transmisión de valores” que crea referentes, polo que sostivo que mesturar deporte e lingua é “o cóctel perfecto para o pelotón gañador”.

HARRAMIENTAS E MATERIAIS

A campaña ofrece ferramentas e materiais para incentivar e facilitar o uso do galego no ámbito deportivo como unha declaración de compromiso que convida á reflexión e á acción á que poderán adherirse as entidades e persoas deportistas.

Tamén contempla materiais sensibilizadores en espazos físicos (lonas, carteis, vinilos, pulseiras, locuciones para eventos…) e virtuais. Para a súa elaboración cóntase coa colaboración de diversos equipos, deportistas, xornalistas, adestradores e adestradoras.

Ademais, sortearanse camisetas a través das redes sociais asociados a referentes deportivos con actitudes amables cara á promoción do uso do galego.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

A reunión anual do proxecto europeo Epilunar avalía en Santiago o primeiro ano de avances na inmunoterapia do cancro de pulmón

Santiago de Compostela acolleu este mércores a reunión anual de seguimento do proxecto europeo...

Rosa Crujeiras expón á alcaldesa a súa proposta para reforzar a colaboración estratéxica entre a USC e Santiago

A catedrática de Matemáticas e candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela,...

Constitúese a comisión para descentralizar o grao de Medicina nas tres universidades galegas

A comisión de seguimento encargada de desenvolver o acordo para descentralizar o grao de...