InicioSANTIAGOO Concello de Santiago aprobará obras de mellora da drenaxe na avenida...

O Concello de Santiago aprobará obras de mellora da drenaxe na avenida do Cruceiro da Coruña por máis de 66.000 euros

A intervención terá un prazo de execución de dous meses e complementarase cun proxecto máis amplo previsto para a zona

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta de Goberno Local de Santiago deu luz verde este luns ao proxecto de mellora da drenaxe na avenida do Cruceiro da Coruña, cun orzamento de 66.257,26 euros e un prazo de execución de dous meses. A actuación afectará a uns 600 metros cadrados, entre os números 185 e 191 da vía.

Segundo explicou a portavoz do Goberno local, Míriam Louzao, trátase dunha intervención “puntual e urxente” que busca corrixir os problemas derivados do desgaste do firme e do deterioro dos elementos de drenaxe superficial. Esta actuación enmárcase como primeiro paso dun proxecto máis amplo que o Concello ten previsto desenvolver na mesma rúa nos próximos meses.

Ademais deste punto, o Goberno local abordou outros asuntos na súa sesión ordinaria. Entre eles, a adxudicación á empresa Sihaho Consulting SLU do servizo de execución dunha campaña de promoción, formación, difusión e seguimento da compostaxe de biorresiduos, financiada polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR).

Tamén se autorizou o expediente para licitar o servizo de análise de mostras e emisión de informes das probas de detección de drogas recollidas nos supostos previstos pola Lei de Seguridade Viaria, cun orzamento de 26.136 euros e unha duración de dous anos.

Por último, o Goberno local deu o visto e prace ao expediente para contratar a subministración de tres lotes de vehículos para o parque móbil municipal: un vehículo tipo SUV ou turismo eléctrico ou híbrido, tres turismos eléctricos ou híbridos adicionais e unha furgoneta tamén de baixas emisións, co obxectivo de renovar e avanzar na transición ecolóxica da frota municipal.

ÚLTIMAS

Santiago activa un servizo municipal para asesorar sobre contratos de alugueiro residencial

O Concello de Santiago puxo en marcha este luns o novo Servizo Municipal de...

A Xunta de Goberno autoriza obras no conxunto catedralicio e aproba melloras na Quinta dos Fuentes e en Verdía

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns novas licenzas urbanísticas, proxectos...

As traballadoras da limpeza de Lacera volven á folga este martes nos colexios en Santiago

As traballadoras de limpeza e conserxería dos colexios públicos de Santiago de Compostela, servizo...

Borja Verea propón crear unha primeira rede de cociñas propias en tres colexios de Santiago

O portavoz municipal do PP en Santiago, Borja Verea, presentou este luns unha proposta...

A CIG denuncia o “bloqueo” da mobilidade interna no CHUS tras catro anos sen resolucións

A CIG denunciou a través dun comunicado o "bloqueo" sistemático da mobilidade interna no...

Sanmartín sobre as críticas de inseguridade en locales de ocio: “Non podemos actuar arbitrariamente de abrilos ou pechalos”

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, achacou a baixada dos ingresos por habitación dispoñible...

Santiago promove uns orzamentos participativos con case 300 propostas

Unha pantalla para ver os partidos da selección española de fútbol no Mundial, cinema...