InicioSANTIAGOO Concello amplía a 1.320 as prazas de comedor do programa municipal...

O Concello amplía a 1.320 as prazas de comedor do programa municipal de conciliación

O Concello de Santiago presentou o novo plan municipal de conciliación 'Compostela Concilia' que amplía a 1.320 as prazas de comedor, un 60% máis que equipáraas así ás prazas das actividades.

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago presentou o novo plan municipal de conciliación ‘Compostela Concilia’ que amplía a 1.320 as prazas de comedor, un 60% máis que equipáraas así ás prazas das actividades.

A concelleira de Educación, Míriam Louzao, informou en rolda de prensa dos asuntos tratados na Xunta de Goberno local, na que se aprobou o novo plan de conciliación, destinado aos nenos con idades comprendidas entre o tres e os 12 anos, que cursen entre o 2º ciclo de Educación Infantil e o 3º ciclo de Educación primaria e consten no padrón municipal.

Entre as novidades, sinalou que as familias terán “desde agora a información para todo o curso”, e a documentación para darse de alta no servizo entregarase “só unha vez”, de maneira que durante o curso só terán que activar as quendas que necesiten sen realizar todo o proceso de novo.

Ademais, apuntou Louzao, coñecerán desde agora as datas de solicitude de cada quenda e o día no que se lles comunicará se teñen praza, para “facilitar a organización familiar”.

En concreto, están previstas un total de 1.320 prazas de actividades e de comedor, e 360 de almorzos, cun 3% adicional de prazas para os nenos con necesidades específicas de apoio. O prezo en Nadal, Entroido e Semana Santa é de 5,33 euros ao día no caso de actividades; 1,67 euros por almorzo, e cinco euros por comida. Así mesmo, no caso do programa de Verán, é de catro euros ao día por actividades; 1,5 euros por almorzos, e 3,5 euros por comida.

Para favorecer a participación das persoas usuarias con escasos recursos, de acordo aos informes previos expedidos polos Servizos Sociais, establécense reducións do 50 e do 100% dos prezos ordinarios.

Desta maneira, para a primeira quenda, a correspondente a Nadal, a solicitude de prazas será do tres ao 11 de novembro e a listaxe provisional de admitidos publicarase o 19 de novembro.

OUTROS ASUNTOS

Entre outros asuntos tratados, Louzao tamén sinalou que se adxudicou o contrato para un servizo de apoio técnico para a recadación dos prezos públicos de almorzos e xantares nos comedores escolares municipais á empresa Atlantic Ponche 2000 SL. por un importe total de 17.413,11 euros

Ademais, aprobouse a licenza de obra para a ampliación do IES Lamas de Abade, cun orzamento de 616.695.51 euros, e aprobouse o expediente de ‘Servizo de mantemento do parque arqueolóxico da Rocha Forte’ cun orzamento basee de licitación de 90.490.81, para realizar tarefas de limpeza, roza, control e seguimento arqueolóxico.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Ames avanza na dixitalización do ciclo da auga coa execución do proxecto ‘Ames Dixital Water’

O Concello de Ames continúa avanzando na execución do proxecto estratéxico ‘Ames Dixital Water’,...

O Concello de Santiago adxudica 61 prazas do programa ‘Compostela Concilia’ para a quenda de Entroido

O Concello de Santiago publicou a listaxe provisional de prazas adxudicadas no programa municipal...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

A reunión anual do proxecto europeo Epilunar avalía en Santiago o primeiro ano de avances na inmunoterapia do cancro de pulmón

Santiago de Compostela acolleu este mércores a reunión anual de seguimento do proxecto europeo...