InicioSOCIEDADEAs obras na área de oncohematoloxía do Clínico de Santiago alcanzan o...

As obras na área de oncohematoloxía do Clínico de Santiago alcanzan o 80 %

Os traballos céntranse no acondicionamento dunha terraza de máis de 300 m² para pacientes e acompañantes.

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, avanza nas obras de mellora da área de espera do hospital de día de oncohematoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, que alcanzan xa o 80 % de execución, tal e como detallou o Goberno galego nunha nota de prensa.

Ademais, debullou que o obxectivo desta actuación, que supón un investimento autonómico de máis de 700.000 euros, é a humanización deste espazo. Unicamente quedan pendentes os últimos traballos de carpintaría e de instalacións, polo que sinalou que a previsión é finalizalos no próximo mes de outubro. En concreto, a actuación consiste no acondicionamento da terraza do hospital santiagués, cuxa superficie supera os 300 m2 para lograr un espazo “máis humanizado e confortable”.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

A reunión anual do proxecto europeo Epilunar avalía en Santiago o primeiro ano de avances na inmunoterapia do cancro de pulmón

Santiago de Compostela acolleu este mércores a reunión anual de seguimento do proxecto europeo...

Rosa Crujeiras expón á alcaldesa a súa proposta para reforzar a colaboración estratéxica entre a USC e Santiago

A catedrática de Matemáticas e candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela,...

Constitúese a comisión para descentralizar o grao de Medicina nas tres universidades galegas

A comisión de seguimento encargada de desenvolver o acordo para descentralizar o grao de...