InicioSANTIAGOCompostela acollerá a segunda edición de 'Mover os Marcos' un encontro de...

Compostela acollerá a segunda edición de ‘Mover os Marcos’ un encontro de debate para os mozos

Trátase dun proxecto impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Santiago, coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e xestionado pola Culturactiva S.Coop.

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago de Compostela acollerá desde o 1 ata o 4 de outubro a segunda edición de ‘Mover os Marcos’, un encontro de debate dirixido aos mozos e que combinará conversacións sobre lingua, ecoloxía ou vivenda con concertos e ata un podcast en directo.

Baixo a lema ‘Festival para unha vida mellor’, esta edición, cuxas actividades son gratuítas e sen reserva ata completar aforamento, busca abrir un espazo de reflexión sobre “as tensións que marcan á mocidade de hoxe en día”, tal e como detallou a organización.

Trátase dun proxecto impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración co Concello de Santiago, coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) e xestionado pola Culturactiva S.Coop.

Ademais, na rolda de prensa de presentación celebrada este venres na capital galega, a deputada de Lingua e Dereitos Civís da Deputación da Coruña, Soledad Agra, subliñou que esta é “unha proposta para o encontro”, un evento para “mover os marcos dos prexuízos e dos estereotipos”.

En concreto, será no Auditorio de Xornalismo, na Igrexa da USC e na Casa das Máquinas onde se desenvolverán as diferentes actividades que conforman a segunda edición deste festival nado en 2024 como un espazo para “cuestionar o establecido”.

SANTIAGO COMO “EPICENTRO CULTURAL”

O primeiro día abrirase coa mesa ‘Proxectos para vivir en galego’, que contará con voces como Carlos Callón, Alberto Pombo e Noemí García, e na que non se reflexionará sobre a situación que vive actualmente a lingua galega, senón que “se farán propostas para cambiar o seu rumbo”, tal e como explicou Agra.

O 2 de outubro será a quenda de ‘Medio e ecoloxía: coidar do noso’, un diálogo impulsado por ADEGA e no que participarán creadores de contido como blondiemuser e activistas como Rogelio Sánchez.

Tamén o 1 e o 2 de outubro celebrarase ás 21.00 horas os concertos falados na Igrexa da USC, onde o público poderá coñecer de preto a traxectoria de Alana e de Hugo Guezeta, neste caso nunha sesión conducida por Rodri Míguez.

Doutra banda, o ciclo de conversacións continuará o 3 de outubro con ‘Vivir na Galiza dos anos 20’, unha sesión na que se abordarán cuestións como os dereitos LGTBI, a vivenda e a inmigración –todas as mesas serán no Auditorio de Xornalismo–.

Finalmente, o sábado 4 de outubro o festival trasladarase ata a Casa das Máquinas, onde se combinarán diferentes propostas que van desde o break dance ata a presentación de proxectos creativos como a de Orgullo Galego.

Ademais, a xornada incluirá tamén o podcast en directo de Prendidísima, os concertos de Leria e unha oferta de postos que estarán tamén neste espazo. Tal e como debullou a deputada de Cultura da Deputación da Coruña, Natividade De Jesús González, Santiago converterase un ano máis “nun epicentro cultural e social”.

Con todo, na rolda de prensa tamén participou a vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias, a integrante do podcast Prendidísima Mai Insua e o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais do Concello de Santiago, Xan Duro.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

A itinerancia do Gaiás supera os 55.000 visitantes e estende a súa pegada cultural por Galicia, España e o exterior

O programa de itinerancias expositivas promovido pola Cidade da Cultura continúa a medrar no...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...