InicioSOCIEDADESantiago inicia os trámites para declarar dous novos espazos naturais de interese...

Santiago inicia os trámites para declarar dous novos espazos naturais de interese local

O souto de Villestro e as parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Data poderán contar cunha figura de protección ambiental.

Publicado o

Xornal de Compostela

Concello de Santiago iniciou os traballos técnicos necesarios para iniciar a tramitación da declaración do souto da parroquia de Villestro e a contorna natural das parroquias de San Xoán e Santa Cristina de Data como Espazos Naturais de Interese Local (ENIL).

Tal e como trasladou Raxoi nunha nota de prensa, ambos os proxectos forman parte dunha iniciativa municipal centrada na protección, conservación e posta en valor do patrimonio natural do concello, e contan cun investimento conxunto de 15.730 euros (IVE incluído), financiados con cargo á partida de estudos e traballos técnicos da área de Sustentabilidade Ambiental.

O concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Domínguez, explicou que “estas actuacións permiten dar os primeiros pasos para protexer legalmente dous espazos de alto valor ecolóxico e paisaxístico, garantindo o seu coidado e promovendo un modelo de convivencia sustentable co medio natural”

Os contratos inclúen a redacción das memorias técnicas motivadas que deben acompañar as solicitudes de declaración ENIL, conforme á Lei 5/2019 do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, así como ao Decreto 124/2005 que regula esta figura de protección.

Nesta liña, o prazo máximo de execución será de seis meses desde a adxudicación de cada contrato, e a forma de pago establecerase en dúas fases, o 80% na entrega da memoria técnica e o 20% á finalización do proceso de intermediación institucional.

ÚLTIMAS

Santiago presenta en Fitur unha campaña para reforzar o turismo de congresos ao longo de todo o ano

A concelleira de Turismo de Santiago de Compostela, Míriam Louzao, e a directora do...

Convocan unha mobilización en Santiago contra o colapso sanitario: “Ou nos mobilizamos ou a sanidade seguirá destruída”

A Plataforma SOS Sanidade Pública convocou unha concentración para o domingo 1 de febreiro...

O Concello de Santiago adxudica a Eulen o contrato de dinamización da rede de centros socioculturais

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou a adxudicación do contrato de...

O Premio Literario San Clemente distingue tres obras elixidas polo alumnado de Bacharelato

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, e o secretario xeral...

A reunión anual do proxecto europeo Epilunar avalía en Santiago o primeiro ano de avances na inmunoterapia do cancro de pulmón

Santiago de Compostela acolleu este mércores a reunión anual de seguimento do proxecto europeo...

Rosa Crujeiras expón á alcaldesa a súa proposta para reforzar a colaboración estratéxica entre a USC e Santiago

A catedrática de Matemáticas e candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela,...

Constitúese a comisión para descentralizar o grao de Medicina nas tres universidades galegas

A comisión de seguimento encargada de desenvolver o acordo para descentralizar o grao de...