InicioMOV. SOCIAISA USC está entre as oito universidades "punta de lanza" do Sistema...

A USC está entre as oito universidades “punta de lanza” do Sistema Universitario Español

En canto ao rendemento por rama de coñecemento, a Universidade de Santiago destaca na de Ciencias da Saúde, cunha sétima posición entre todas as universidades españolas analizadas, e na de Enxeñaría e Arquitectura cun posto oito do total de 72

Publicado o

Xornal de Compostela

O O-Ranking elaborado pola Fundación BBVA e o IVIE sitúa á Universidade de Santiago de Compostela (USC) entre as oito universidades “punta de lanza” do Sistema Universitario Español (SUE) que destacan pola eficiencia no uso dos seus recursos para obter un mellor rendemento, pero tamén polo volume total de resultados, segundo recolle o informe.

A USC sitúase no décimo primeiro posto deste ranking que escruta o desempeño de 72 universidades españolas, 48 públicas e 24 privadas, a partir da análise das actividades docentes de investigación e innovación así como a inserción laboral dos egresados.

Esta nova clasificación, segundo informou a USC nun comunicado, viña en liña doutras previas que sitúan a USC no primeiro cuartil das universidades españolas e reafirma a súa posición de liderado dentro do Sistema Universitario Galego.

Xunto á USC figuran neste top universitario a Universitat de Barcelona, as Autónomas de Madrid e Barcelona, a Universitat de València e as Politécnicas de Madrid, Catalunya e València, que segundo o O-Ranking sobresaen “tanto por rendemento como por tamaño e supoñen o 11% do sistema e achegan o 26% dos resultados totais do SUE: o 23% da docencia, o 30% da investigación e a innovación e o 22% dos resultados en inserción laboral.

USC NO TOP DO RANKING XERAL

Do ranking xeral, que analiza o rendemento en docencia, investigación e innovación e inserción laboral, a USC sitúase no segundo grupo con mellor desempeño, un posto 11.

En canto ao O-Ranking Volume, que considera o efecto combinado dos resultados de cada universidade e o seu tamaño, a USC atópase nun lugar moi similar: o 13.

Os datos disgregados por dimensións dan tamén unha moi boa posición da Universidade de Santiago, un sexto posto, que destaca polo desempeño investigador situándose despois da Pompeu Fabra, a Universitat Autònoma de Barcelona, a de Barcelona, a Politècnica de Catalunya e a Rovira i Virgili.

En canto ao rendemento por rama de coñecemento, a Universidade de Santiago destaca na de Ciencias da Saúde, cunha sétima posición entre todas as universidades españolas analizadas, e na de Enxeñaría e Arquitectura cun posto oito do total de 72. Nas outras tres ramas de coñecemento, a de Santiago sitúase entre os postos 15 e 18.

O informe conclúe destacando o liderado en produtividade das actividades de investigación e innovación dalgunhas universidades públicas, entre as que se sitúa a USC só por baixo das catalás.

ÚLTIMAS

O sorteo Mi día da ONCE deixa premios por 6.000 euros no Polígono do Tambre

O sorteo Mi día da ONCE deixou no Polígono do Tambre premios por 6.000 euros, en dous boletos que premiaron...

Sanmartín apela na inauguración do Festival Intercultural da Alameda a unha “práctica activa” pola convivencia

O Festival Intercultural deu comezo hoxe na Alameda de Santiago, nun acto inaugural no...

O PP reclama a reposición da marquesiña de Santa Isabel e melloras nas paradas de bus

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Adrián Villa, instou ao executivo municipal do...

A Área Empresarial do Tambre inaugura unha exposición con obras de Silva, Quiñoy e Blanco

A Asociación Área Empresarial do Tambre (AAET) inaugurará mañá luns, 8 de setembro, unha...

O sorteo Mi día da ONCE deixa premios por 6.000 euros no Polígono do Tambre

O sorteo Mi día da ONCE deixou no Polígono do Tambre premios por 6.000 euros, en dous boletos que premiaron...

Aitor Bouza ocupará o escano de Julio Abalde no Parlamento galego

O exreitor da Universidade da Coruña (UDC) Julio Abalde será o novo subdelegado do Goberno...

O PSdeG acusa a Goretti Sanmartín de “vivir de rendas” en dous anos de mandato

O PSdeG-PSOE de Santiago considera que a alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, "viviu de...