InicioSANTIAGOO Concello facilitará a celebración de cacharelas e sardiñadas de San Xoán...

O Concello facilitará a celebración de cacharelas e sardiñadas de San Xoán coa entrega de area e trámites simplificados

As solicitudes poderán presentarse entre o 2 e o 19 de xuño a través da sede electrónica municipal, con prioridade para asociacións veciñais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago establecerá este ano novas condicións para a celebración das tradicionais cacharelas e sardiñadas de San Xoán, co obxectivo de axilizar os trámites administrativos e garantir a seguridade nos espazos públicos e privados. Segundo anunciou o concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, a Xunta de Goberno Local aprobará este luns unhas instrucións actualizadas que introducen cambios na tramitación das autorizacións e nas medidas de prevención.

Entre as principais novidades, destaca que será o propio Concello quen subministre e entregue a area necesaria para protexer o pavimento urbano nas fogueiras, a través da Brigada Municipal de Vías e Obras. A petición deberá facerse especificamente ao correo electrónico traficocidadan@santiagodecompostela.gal, independentemente da solicitude xeral do evento.

As novas instrucións afectan a todo o mes de xuño, aínda que se espera que a maioría dos actos se concentren na noite do 23 ao 24. Os organizadores deberán presentar a súa solicitude entre o 2 e o 19 de xuño, a través da sede electrónica do Concello, e en caso de concorrencia para un mesmo espazo público, priorizaranse as solicitudes de entidades veciñais e culturais con sede no municipio.

Duro explicou que se optou por simplificar a documentación requirida, sobre todo nos casos en que non se instalen estruturas de gran tamaño. Así, os escenarios ou tarimas só deberán contar con proxecto técnico cando superen os 60 metros cadrados de superficie ou 0,50 metros de altura, ou cando se instalen atraccións de feira ás que poida acceder o público. Nos demais casos, abondará cun plano da localización, unha memoria da actividade e un seguro de responsabilidade civil.

En canto ás restricións, segue vixente a prohibición de facer cacharelas nas prazas máis céntricas e monumentais da cidade, como o Obradoiro, Quintana, Toural ou Praterías, entre outras. Ademais, en espazo urbano as fogueiras non poderán superar os 2 metros de diámetro nin un metro de altura, mentres que no rural permitirase ata 3 metros de altura e 9 de perímetro. Sempre deberán colocarse lonxe de vivendas, vehículos, vexetación ou tendidos eléctricos.

O Concello tamén lembra que non se poden queimar materiais contaminantes como pneumáticos, plásticos, espumas ou sprays. No caso de fogueiras en zonas enlousadas, será obrigatorio cubrir o chan cunha capa de area de 10 centímetros, coa finalidade de evitar danos ao pavimento.

Para os espazos privados, non será necesaria autorización, pero si deberán facer unha comunicación previa da actividade. En todos os casos, a celebración debe rematar antes das 3:30 da madrugada, de acordo coa Lei de Espectáculos Públicos de Galicia, e os espazos deberán quedar limpos tras a actividade.

“Trátase de favorecer a participación veciñal sen renunciar á seguridade e á convivencia”, indicou o concelleiro, quen destacou o traballo realizado polo seu departamento para facer máis accesible a organización destes eventos tradicionais. O formulario específico estará dispoñible o mesmo luns, a partir das 11:00, na sede electrónica do Concello.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here