Un mozo de 25 anos de idade foi detido por apuñalar ao seu pai, duns 50 anos, nun clube de alterne situado nos arredores de Santiago, concretamente na Costa de San Marcos. Segundo confirmaron fontes consultadas por Europa Press, o suceso tivo lugar entre as 5.00 e as 6.00 horas deste luns no local chamado Pub A Casa, situado en San Marcos. O mozo foi detido como presunto autor dun apuñalamento con arma branca ao seu pai, que foi evacuado ao Hospital Clínico da capital galega con risco vital.
Ademais, fontes próximas á investigación aseguraron que a arma foi intervida e que o mozo recoñeceu os feitos; doutra banda, confirmaron tamén que hai unha testemuña do ocorrido. O presunto autor permanece detido en dependencias da Policía Nacional e aínda non se lle tomou declaración, segundo fontes consultadas por Europa Press. Con todo, tamén detallaron que “se trata dunha familia conflitiva” que conta con “denuncias cruzadas por feitos violentos”.