InicioPOLÍTICACríticas do PSdeG á alcaldesa de Santiago pola "parsimonia" para convocar o...

Críticas do PSdeG á alcaldesa de Santiago pola “parsimonia” para convocar o pleno sobre os edís socialistas expulsados

"Xa podería celebrarse o pleno, esa foi unha decisión política. O único que vemos é que a alcaldesa vai con certa lentitude, con certa parsimonia e con poucas ganas de avanzar nas cousas" di o portavoz da Executiva Nacional do PSdeG, Julio Torrado

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz da Executiva Nacional do PSdeG, Julio Torrado, criticou este venres a “lentitude” e a “parsimonia” da alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín, para convocar o pleno extraordinario no que o catro concelleiros de Santiago que foron expulsados do PSOE pasen a ser edís non adscritos.

“Xa podería celebrarse o pleno, esa foi unha decisión política. O único que vemos é que a alcaldesa vai con certa lentitude, con certa parsimonia e con poucas ganas de avanzar nas cousas. Recoñecemos a súa coherencia sobre como está a gobernar Santiago, pero pedímoslle que sexa un pouco áxil para tomar decisións”, aseverou Torrado en rolda de prensa.

Preguntado polo informe que debe ser emitido polo secretario municipal sobre a situación dos edís, o portavoz socialista asegurou que este “debe estar próximo”, pero tamén insistiu en que “se superaron todos os prazos da lóxica política”.

Neste sentido, fixo fincapé en que o goberno local de Santiago ten unha alcaldesa “que funciona con pausa” e sinalou a súa sorpresa por unha lentitude “que todo apunta que é intencionada”.

Con todo, tamén asegurou “non ter capacidade de valorar un proceso xudicial” e defendeu que “todas as persoas teñen dereito a recorrer ao sistema xudicial”.

ÚLTIMAS

Traballadoras de residencias claman por un convenio “digno”: ‘Fabiola, covarde, a xente está que arde’

Decenas de traballadoras de residencias privadas de maiores e do Servizo de Axuda no...

Santiago celebra o Orgullo cun mes cheo de actividades culturais, educativas e reivindicativas

O Concello de Santiago de Compostela vén de anunciar unha nova campaña institucional centrada...

Santiago acollerá a edificación do Instituto de Investigación Sanitaria

O Concello de Santiago comeza a tramitar a creación dun edificio propio para o...

Borja Verea celebra o apoio veciñal á proposta do PP para a parcela de Peleteiro

O portavoz do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, expresou a súa satisfacción polo...

Santiago acollerá a edificación do Instituto de Investigación Sanitaria

O Concello de Santiago comeza a tramitar a creación dun edificio propio para o...

Familias do Colexio Trisquel estudan accións legais se non cesan as irrupcións de refuxiados no recinto

Un grupo de familias do Colexio Trisquel Compostela International volveron denunciar este luns a situación de...

Os hoteis de Santiago xa están case cheos a días da inauguración do Son do Camiño

A ocupación media dos hoteis en Santiago é do 90 %, con algunhas habitacións...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here