InicioSANTIAGOA alcaldesa de Santiago espera que o ascensor de Triacastela estea listo...

A alcaldesa de Santiago espera que o ascensor de Triacastela estea listo “a semana que vén”

Preguntada polos medios de comunicación en rolda de prensa, Sanmartín explicou que hai un problema co cableado do ascensor e que "non é a primeira vez que se estraga", polo que se "está facendo unha análise para que non se estrague con esa continuidade"

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou que espera que a peza necesaria para arranxar a avaría do ascensor de Triacastela, que conecta a Rúa dos Concheiros e a Avenida de Lugo, chegue esta semana e que para a próxima estea arranxado.

Preguntada polos medios de comunicación en rolda de prensa, Sanmartín explicou que hai un problema co cableado do ascensor e que “non é a primeira vez que se estraga”, polo que se “está facendo unha análise para que non se estrague con esa continuidade”.

Nesta liña, a mandataria local ampliou que a empresa non tiña unha peza necesaria para facer o arranxo, motivo polo que a actuación se demorou unhas semanas.

Así mesmo, Sanmartín desculpouse polas molestias causadas pola avaría do ascensor e asegurou que “hai que facer un arranxo a longo prazo para evitar a deterioración dos cables”.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

O Concello de Santiago adxudica 61 prazas do programa ‘Compostela Concilia’ para a quenda de Entroido

O Concello de Santiago publicou a listaxe provisional de prazas adxudicadas no programa municipal...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

A reunión anual do proxecto europeo Epilunar avalía en Santiago o primeiro ano de avances na inmunoterapia do cancro de pulmón

Santiago de Compostela acolleu este mércores a reunión anual de seguimento do proxecto europeo...