InicioSANTIAGOA Audiencia Provincial xulgará unha muller acusada de estafa e falsidade documental

A Audiencia Provincial xulgará unha muller acusada de estafa e falsidade documental

A acusada foi comercial en dúas compañías de seguros e usou datos de clientes para realizar contratos fraudulentos

Publicado o

Xornal de Compostela

O próximo venres a Audiencia Provincial da Coruña acollerá o xuízo contra unha muller que se enfronta a seis anos de prisión por un delito continuado de estafa e falsidade documental. O xuízo terá lugar ás 10:00 horas na cidade de Santiago de Compostela.

Segundo o escrito da Fiscalía, a acusada, cun historial de antecedentes penais non computables, traballaba como comercial nunha compañía de seguros entre o 1 de marzo e o 1 de setembro de 2020 e, posteriormente, noutro servizo desde o 1 de setembro de 2020 ata marzo de 2021. Durante este tempo, aproveitou o seu acceso a datos identificativos de clientes das empresas nas que traballaba, así como os documentos de identidade que os clientes entregaban para subscribir contratos de seguros, co obxectivo de obter un beneficio ilícito.

A acusación detalla que a procesada utilizou os datos persoais da vítima para contratar, sen o seu consentimento, pólizas de seguros e para solicitar préstamos en liña. En particular, subscribiu un seguro do fogar por 97,08 euros utilizando o DNI da vítima e a súa firma falsificada, ademais de pedir un préstamo de 300 euros e realizar outras solicitudes fraudulentas de seguros a nome da vítima e dos seus fillos. A acusada tamén fixo órdenes de domiciliación utilizando os datos das vítimas.

A Fiscalía calcula que a acusada conseguiu un total de 5.560,43 euros por estas accións fraudulentas, que incluían comisións derivadas das pólizas e préstamos solicitados. A acusada deberá, ademais, indemnizar ás entidades prexudicadas.

O Ministerio Público solicita para ela seis anos de prisión, inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo durante a condena, unha multa de 12 meses cunha cota diaria de 10 euros, e a responsabilidade persoal subsidiaria en caso de non poder facer fronte á multa.

ÚLTIMAS

(FOTOS) Así deu comezo a selectividade en Compostela: nervios e críticas ante o novo modelo de exame

A convocatoria ordinaria da Proba de Acceso á Universidade (PAU) deu comezo este martes...

Convocan unha concentración diante do Parlamento para protestar pola desaparición do Máster en Matemáticas

A Plataforma en Defensa do Mestrado en Matemáticas da USC vén de anunciar a...

Verea acusa co goberno local de bloquear o transporte urbano durante unha década

O voceiro do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cargou este martes contra a...

O pleno rexeita unha factura de 400.000 euros do autobús urbano mentres medran as críticas polo novo contrato

O pleno do Concello de Santiago non aprobou este martes un recoñecemento extraxudicial de...

(FOTOS) Así deu comezo a selectividade en Compostela: nervios e críticas ante o novo modelo de exame

A convocatoria ordinaria da Proba de Acceso á Universidade (PAU) deu comezo este martes...

Santiago mostra o seu “rexeitamento” á creación dun novo grao de Medicina en Galicia

A corporación municipal de Santiago de Compostela mostrou o seu "rexeitamento" á proposta da...

Mil cardiólogos de todo o Estado reuniranse esta semana en Santiago

A Asociación de Cardioloxía Intervencionista da Sociedade Española de Cardioloxía (ACI-SEC) aproveitará o seu...