InicioSOCIEDADEO Banquete de Conxo celebrará a súa sexta edición entre o 23...

O Banquete de Conxo celebrará a súa sexta edición entre o 23 e o 25 de maio

Aprobadas as bases da convocatoria para participar no Mercado do Libro que complementa a esta festa

Publicado o

Xornal de Compostela

A sexta edición do Banquete de Conxo, en Santiago de Compostela, celebrarase o fin de semana do 23 ao 25 de maio na carballeira do barrio, segundo avanzou o Concello este luns, á vez que aprobou as bases da convocatoria para participar no Mercado do Libro que complementa a esta festa. Esta iniciativa acompaña a celebración, desde a praza de Aurelio Aguirre, cun amplo número de expositores dos sectores do libro.

Deste xeito, librarías, editoriais e outros sectores vinculados ao mundo do libro e da ilustración, interesados en expor os seus produtos no mercado, poderán presentar a súa solicitude mediante a sede electrónica do Concello. O prazo abrirase o día da publicación da convocatoria na mesma plataforma –entre martes e mércores– e durará ata o 5 de maio. Posteriormente, a selección realizarase en función da orde de entrada en rexistro, con prioridade para as persoas solicitantes con dirección social no municipio de Santiago de Compostela. Disporanse un máximo de 20 postos en carpas de 5 x 5 metros compartidas por máis dun posto.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...

O Concello asegura que a maior parte das prazas de estacionamento de Xoán XXIII “están ocupadas” tras as queixas veciñais

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, confirmou...

A IA entra na Catedral de Santiago da man dun servizo de tradución simultánea

A Catedral de Santiago estrea un servizo de tradución simultánea, dirixido ao fieis lle...