InicioSANTIAGOO Concello de Santiago reitera a demanda dun xulgado exclusivo de violencia...

O Concello de Santiago reitera a demanda dun xulgado exclusivo de violencia de xénero

Os grupos municipais defenden a necesidade desta unidade xudicial sen eliminar ningún outro xulgado de instrución

Publicado o

Xornal de Compostela

Os grupos municipais do Concello de Santiago de Compostela emitiron unha declaración conxunta na que reiteran a necesidade de crear un Xulgado de Violencia sobre as Mulleres na cidade, en liña co acordo plenario aprobado por unanimidade o 25 de marzo de 2021.

A corporación municipal subliña que a Lei Orgánica 1/2004, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero, xa recollía a importancia da especialización na tramitación das denuncias por violencia machista. Así mesmo, o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, na súa medida 122, tamén recomenda o reforzo da especialización nos xulgados do penal, ao ser os que xestionan un maior volume de casos desta natureza.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), na súa reunión do pasado 24 de xaneiro de 2025, incluíu a creación deste xulgado como a súa primeira prioridade dentro da proposta de novas unidades xudiciais en Galicia. Esta decisión baséase tamén no acordo alcanzado o 30 de maio de 2024 entre o TSXG e a Xunta de Galicia.

Segundo se recolle no comunicado, a corporación municipal compostelá coñece, a través dos medios de comunicación, que o Goberno do Estado estuda a posibilidade de reconverter algún xulgado de instrución en Santiago para especializalo en violencia de xénero. Con todo, o Concello insiste en que a creación dun xulgado exclusivo para esta materia non debe supoñer a eliminación doutras unidades xudiciais xa existentes.

Desta maneira, o Concello de Santiago reitera o seu apoio á petición formulada polo TSXG, insistindo en que a cidade, como capital de Galicia, debe contar cun órgano específico para abordar a violencia contra as mulleres con maior eficacia e especialización.

ÚLTIMAS

O colectivo de persoas racializadas da acampada do Obradoiro convoca unha concentración contra o racismo no acceso á vivenda

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acollerá este luns 12 de outubro...

Verea acusa o Goberno de Santiago de non preparar a cidade para o Xacobeo 2027

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cuestionou a actuación do Goberno...

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

Cineuropa celebra 40 anos en Santiago e abre a selección do seu Xurado Novo

O festival Cineuropa cumprirá este outono 40 anos de historia en Santiago de Compostela...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O CiMUS de Santiago lidera un proxecto europeo para desenvolver novas terapias contra os tumores cerebrais

O Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da Universidade...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here