InicioSOCIEDADECortes de tráfico durante un mes pola construción da senda entre O...

Cortes de tráfico durante un mes pola construción da senda entre O Milladoiro e Santiago

Publicado o

Xornal de Compostela

A construción da senda que unirá O Milladoiro –Ames (A Coruña)– e a estación intermodal de Santiago obrigará a relaizar cortes de tráfico durante o próximo mes no ramal que conecta a autovía Brión-Noia (AG-56) e a estrada de entrada á capital galega desde a nacional N-550.

Os cortes iniciaranse o vindeiro luns 24 de febreiro e durarán entre 20 días e un mes, segundo comunicou este venres a Xunta, que explica que serán interrupcións intermitentes que terán lugar “uno de cada tres días” e “fóra das horas puntas”.

Será no ramal que conecta AG-56 coa SC-20 en sentido Santiago, polo que os vehículos que veñan desde Brión e Bertamiráns estarán obrigados a dirixirse á rotonda de entrada en O Milladoiro para dar a volta.

Os cortes produciranse “unha vez que termine a punta de tráfico de entrada a Santiago á primeira hora e manterase ata que empece a punta de tráfico do retorno a última hora da tarde”, sinalou a Xunta.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

Rosa Crujeiras e Maite Flores cruzan reproches sobre continuidade e equipo nun cara a cara da segunda volta

O debate electoral organizado este venres polo Consello de Estudantado, a Asemblea de Investigadoras...