InicioSANTIAGOReaccións expulsión edís PSOE: A viceportavoz parlamentaria, Lara Méndez, lembra que todos...

Reaccións expulsión edís PSOE: A viceportavoz parlamentaria, Lara Méndez, lembra que todos os militantes deben cumprir os estatutos

"Creo que aí pouco cabe dicir máis que o PSdeG ten uns estatutos que son de obrigado cumprimento para todos os militantes, independentemente dos anos de militancia", dixo Méndez

Publicado o

Xornal de Compostela

A viceportavoz parlamentaria do PSdeG Lara Méndez lembrou que todos os militantes do Partido Socialista deben cumprir e respectar os estatutos da formación “independentemente dos anos de militancia”.

A dirixente socialista pronunciouse deste xeito ao ser preguntada na rolda de prensa posterior á reunión da Xunta de Portavoces da Cámara galega pola decisión de Ferraz de ratificar a expulsión definitiva do catro concelleiros de Santiago enfrontados coa dirección local: Gonzalo Muíños, Milagres Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez.

“Creo que aí pouco cabe dicir máis que o PSdeG ten uns estatutos que son de obrigado cumprimento para todos os militantes, independentemente dos anos de militancia”, dixo.

Lara Méndez sostivo que “o que se fixo foi actuar” con base en “as normas” que os propios socialistas propoñen e aproban no distintos congreso, nos que a formación se dota do programa marco e das políticas que quere levar a cabo para “mellorar a vida da xente”.

“De aí saen tamén estes documentos, cada catro anos, para establecer as liñas de actuación desde o PSdeG e tamén de aí sae o marco estatutario polo que nos temos que rexer todos e todas”, afirmou.

EXPULSIÓN DEFINITIVA

A executiva federal do Partido Socialista comunicou na mañá deste martes a expulsión definitiva do catro edís do Concello de Santiago expedientados por desatender as ordes da dirección: Gonzalo Muíños, Milagres Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez.

En concreto, a Milagres Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez achácaselles negarse a nomear ao portavoz municipal aprobado pola dirección local do partido, mentres que a Gonzalo Muíños atribúeselle o seu rexeitamento a acatar a resolución do expediente e permanecer no cargo de portavoz en contra do criterio do partido.

Diso informaron fontes consultadas por Europa Press, que destacan que agora os concelleiros teñen un prazo de dez días para recorrer ante a comisión de garantías esta resolución. Ademais, apuntaron que a dirección da formación comunicou na mañá deste martes a decisión tanto aos afectados como ao Consistorio compostelán.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

O PSdeG reclama ao goberno de Sanmartín que execute en 2026 a mellora do cruce de República Arxentina co Hórreo

O Grupo Municipal Socialista pediu ao executivo local que active canto antes os traballos...

A Asemblea de Investigadoras convoca un debate coas catro candidatas á Reitoría da USC o 11 de decembro

A Universidade de Santiago vivirá este xoves 11 de decembro unha nova xornada de...