InicioSANTIAGOReforzado o cadro de cátedras institucionais da USC

Reforzado o cadro de cátedras institucionais da USC

Aprobada a proposta de candidaturas para o programa Beatriz Galindo

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) reforzado o seu cadro de cátedras institucións coa aprobación este xoves a imaxe identificativa da Cátedra Araguaney para o Diálogo entre Culturas, cuxa actividade dá os seus primeiros pasos, así como a da Cátedra Carvalho Calero. Ademais, deu luz verde á creación dunha cátedra de mobilidade sustentable coa colaboración da empresa Monbus.

Na sesión, ademais, aprobouse a proposta de candidaturas para as axudas Beatriz Galindo correspondentes á convocatoria de 2024, pendente dos informes de centro e departamentos correspondentes.

Tamén no ámbito investigador, aprobouse modificar o regulamento para a creación e funcionamento de Centros Singulares de Investigación no referido a a dirección científica. Así, adáptase ás novas formas de prestación de servizos por parte do persoal investigador e ábrese a posibilidade de que poida asumir esa dirección o persoal da USC que, estando nunha situación de excedencia no marco da LCT, estea vinculado a un centro singular da USC como investigador.

A reunión, na que se cubriron as vacantes nas comisións delegadas do Consello de Goberno, completouse con outros asuntos como a aprobación das listas de persoas que conseguiron os premios extraordinarios de grao e máster universitario do curso 2023-2024 e doutoramento de 2022-2023, a modificación da RPT de PTXAS funcionario e de persoal laboral, distintos regulamentos de traballos de fin de estudos, transferencia de coñecemento, a actualización de tarifas así como a aprobación de convenios.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

A USC aborda en Santiago o impacto das redes sociais no benestar da infancia e da adolescencia

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este martes na Facultade de Psicoloxía as...

Aparece morto o home detido o venres por tres agresións sexuais en O Milladoiro

O home que fora detido o venres en relación con tres supostas agresións sexuais...