InicioMOV. SOCIAISColectivos composteláns recollen sinaturas en apoio ao pobo palestino

Colectivos composteláns recollen sinaturas en apoio ao pobo palestino

O 30 de xaneiro realizarán unha entrega simbólica destas firmas á corporación municipal

Publicado o

Xornal de Compostela

Varios colectivos, asociacións e entidades de Santiago de Compostela recolleron máis de 1.500 firmas desde o pasado verán en apoio ao pobo palestino. Así, con motivo da celebración do Día Internacional da Paz, o 30 de xaneiro realizarán unha entrega simbólica destas firmas á corporación municipal da capital galega.

O Foro Galego de Inmigración considera que nestes momentos, co cesamento temporal da guerra, é necesario “facer un maior esforzo para garantir que o cesamento sexa definitivo“. Así mesmo, detallou que as firmas se rexistrarán de forma pública o vindeiro martes 11 de febreiro na Delegación do Goberno para o seu traslado ao Executivo central.

O manifesto reclamaba o alto ao fogo inmediato; a apertura de corredores humanitarios; a solución pacífica e negociada con base no dereito internacional, incluíndo o retorno das persoas palestinas; a posta en marcha dun proceso de diálogo que garanta “o fin da ocupación e o apartheid contra o pobo palestino; e o fin do comercio de armas con Israel.

ÚLTIMAS

Arde unha vivenda na rúa Algalia de Abaixo durante a madrugada

Un incendio rexistrado na madrugada deste sábado activou todas as alarmas no centro histórico...

Blas García pide a Sánchez que convoque eleccións xerais para poñer fin a unha “situación política irrespirable”

O alcalde socialista de Ames, Blas García, manifestou publicamente o seu apoio a un...

Un fallo na matrícula deixa sen bonificación ao seu pago a estudantes da USC, pero Xunta e universidade rectifican

A Xunta chegou a un acordo coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para eludir un dos requisitos...

Instalan un monólito e un teixo en Galeras como homenaxe a Xosé Manuel Beiras

A cidade de Santiago de Compostela rendeu este venres unha homenaxe pública ao economista,...

Compostela súmase á campaña estatal polo acollemento familiar cun acto simbólico na Alameda

O Parque da Alameda de Santiago de Compostela será o escenario, o vindeiro 17...

Unha manifestación polo crime machista de Moraña colapsa momentaneamente o tráfico na Virxe da Cerca

Unha manifestación feminista convocada pola Marcha Mundial das Mulleres denunciou esta tarde en Santiago...

“Non mates as Mates”: centenares de persoas denuncian a decisión “inxusta” da Xunta de suprimir o máster de Matemáticas da USC

A porta principal do Parlamento de Galicia converteuse esta mañá nunha aula ao aire...