InicioSANTIAGOO comité de Urbaser Santiago denuncia o empeoramento dos traballos que realizan...

O comité de Urbaser Santiago denuncia o empeoramento dos traballos que realizan diariamente

Os traballadores da concesionaria manifestan que "coa eliminación das brigadas, a calidade da limpeza é moito máis deficiente"

Publicado o

Xornal de Compostela

O comité de empresa de Urbaser Santiago denunciou que despois de máis de dous anos da nova concesión o servizo “ao completo” empeorou na maioría de traballos que realizan diariamente.

En concreto, tal e como detallou nunha nota de prensa, os traballadores explican que no anterior contrato a limpeza viaria facíase de dúas formas: cun carriño de dous cubos e en brigada de tres ou catro operarios, e con varredoras mecánicas. Co actual contrato, “elimináronse os carriños de dous cubos e puxéronse os dun único cubo baixo a escusa de que pesan menos”.

Con todo, o persoal sostén que son “moito máis incómodos” porque “non teñen o peso repartido”. Ademais, considera que deste xeito non poden separar os residuos que van recollendo e redúcese a capacidade de traballo, xa que “hai que baleirar o dobre de veces”.

Doutra banda, os traballadores da concesionaria manifestan que “coa eliminación das brigadas, a calidade da limpeza é moito máis deficiente”.

En canto á recollida de lixo, expoñen que a empresa trouxo á capital galega novos modelos de camións, pero “a maioría non se adecuan ás características da cidade ou resultan máis incómodos para que o persoal cargue os residuos”.

“Os camións de carga lateral son demasiado grandes para unha cidade que está composta de rúas estreitas e moito rural”, manifestan antes de cualificar de “despropósito” os camións de carga traseira.

“Trouxéronse tres camións moi altos e grandes, polo que se dificulta o traballo e o manexo diario e cinco camións pequenos que realmente non sabemos para que poden servir. Este cinco camións están parados case sempre, xa que non se adaptan para nada ao traballo diario”, reprochan.

Ademais, o comité denuncia que na zona histórica seguen recollendo cos camións do contrato anterior. Algúns deles, apunta, “con máis de 20 anos, que perden residuos, aceites e moi pesados”.

Todo iso e outras cuestións, asegura o comité, llo han ido trasladando tanto ao Concello como á empresa concesionaria, pero, lamenta, “fan caso omiso” dos seus comentarios.

AUDITORÍA CADA MES

Pola súa banda, fontes do Concello de Santiago sinalaron que auditan mensualmente o cumprimento do contrato de servizo de limpeza.

Nesta liña, explican que, cada mes, na facturación correspondente practícanse todos os descontos que corresponden por deficiencias no servizo.

Así mesmo, aseguran xa se tramitou un expediente sancionador que concluíu coa aceptación por parte da empresa das penalizacións que se propuxeron e apuntan que Urbaser arríscase a novos expedientes en caso de incumprimentos reiterados.

Dos incumprimentos detectados ata o momento, estas mesmas fontes expoñen que o principal está relacionado coa implantación de controis dixitalizados de todo o sistema.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

A Feira Talentia supera as 25.000 visitas web e esgota a formación online a dous días da súa apertura

A Feira Talentia, organizada polo Concello de Santiago, encara a súa celebración entre o...

O Concello continúa as reunións coa veciñanza para abordar obras e melloras en varios barrios de Santiago

O Concello de Santiago celebrou esta semana dúas novas xuntanzas cos barrios, encontros que...

A alcaldesa destaca o impulso da Casa Xohana Torres e o crecemento do asesoramento LGBTIQ+ no Consello Municipal de Igualdade

A reunión do Consello Municipal de Igualdade, presidida este venres pola alcaldesa Goretti Sanmartín,...