InicioSANTIAGOJosé María Súarez Quintanilla, elixido presidente Unión Profesional de Galicia

José María Súarez Quintanilla, elixido presidente Unión Profesional de Galicia

O médico compostelán liderará a entidade durante o período 2024-2028

Publicado o

Xornal de Compostela

O médico e profesor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), José María Súarez Quintanilla, foi elixido como novo presidente de Unión Profesional de Galicia, unha asociación que agrupa 43 colexios profesionais galegos, vinculados a unhas 30 titulacións universitarias e que representa a máis de 70.000 profesionais colexiados.

RENOVACIÓN DA XUNTA DE GOBERNO

A súa toma de posesión tivo lugar na última Asemblea Xeral de Unión Profesional de Galicia, celebrada en 2024 en Santiago de Compostela. Súarez Quintanilla substitúe no cargo a Antonio Macho Senra, presidente do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Químicos ata principios de 2024.

O mandato da nova Xunta de Goberno, que estará en vigor ata 2028, inclúe a incorporación de tres vicepresidentes: María Rosa Álvarez Prada, presidenta do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia; Jorge Manuel Rivera Gómez, presidente do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Lugo, e Francisco Javier Balado Amado, presidente do Colexio Oficial de Veterinarios da Coruña.

A Secretaría Xeral recae en Patricia Vérez Cotelo, presidenta do Colexio Oficial de Axentes da Propiedade Inmobiliaria da Coruña. Pola súa banda, Carlos Mato Méndez, presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica da Coruña, ocupará o cargo de vicesecretario, mentres que Xosé Henrique Rodríguez Pantín, presidente do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia, será o tesoureiro.

José María Súarez Quintanilla, que tamén preside o Colexio de Odontólogos e Estomatólogos da Coruña (ICOEC), formou parte do equipo directivo de Unión Profesional de Galicia como vicepresidente nos últimos anos. Agora asume o liderado da entidade coa meta de reforzar o papel dos colexios profesionais como “actores clave no desenvolvemento social e económico de Galicia”.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

A USC aborda en Santiago o impacto das redes sociais no benestar da infancia e da adolescencia

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este martes na Facultade de Psicoloxía as...

Aparece morto o home detido o venres por tres agresións sexuais en O Milladoiro

O home que fora detido o venres en relación con tres supostas agresións sexuais...