InicioSANTIAGOSantiago estuda a lei de acompañamento para aplicar a taxa turística

Santiago estuda a lei de acompañamento para aplicar a taxa turística

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, explicou que, unha vez aprobados os orzamentos da Xunta, o consistorio local examinará "o texto resultante" e, unha vez analizado, ver que "non haxa ningún problema de tipo xurídico" para pola en marcha

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asegurou que o Concello traballa “a partir deste momento” en analizar a lei de acompañamento aos orzamentos da Xunta para que a taxa turística poida ser “unha realidade o máis pronto posible”.

Así, a preguntas dos medios, a rexedora explicou que, unha vez aprobados os orzamentos da Xunta, o consistorio local examinará “o texto resultante” e, unha vez analizado, ver que “non haxa ningún problema de tipo xurídico” para pola en marcha.

“Desde os servizos municipais comezarase a traballar no desenvolvemento dunha ordenanza que facilite que poida ser cobrada, iso non significa que non teñamos que reiterar que o procedemento, nin pola forma nin polo fondo, parécenos o máis adecuado”, manifestou.

Do mesmo xeito, lamentou que “ao final non se crea un imposto de estancias turísticas”, senón “unha recarga municipal” e óbviase ” a posibilidade de que a Atriga” xestione a taxa.

Sobre esta xestión, Sanmartín insistiu en que “dificulta” a “moitos concellos pequenos interesados en implementar a taxa turística”.

En calquera caso, reiterou que o Concello “se pon a traballar para que poida ser unha realidade o máis pronto posible”. “Pero todo isto necesita un desenvolvemento” que, avanzou, inician “a partir deste momento”.

ÚLTIMAS

Correlingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á mobilización pola lingua galega

O Correlingua 2026 dará comezo o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela,...

Mila Castro presenta unha proposición para que o Pleno decida o modelo de xestión da auga en Santiago

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago, Milagros Castro, rexistrou unha proposición para...

(VÍDEO) As placas de “seguros mutuos” que ves nas fachadas de Santiago e que case ninguén sabe que significan

Quen pasea polo casco histórico de Santiago de Compostela pode atoparse, se presta algo...

A Policía Local de Ames detén a un home con orde de ingreso en prisión tras identificalo en Bertamiráns

A Policía Local de Ames detivo na mañá deste martes a unha persoa sobre...

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

A Xunta corta temporalmente o ramal entre a AG-56 e a SC-20 por obras de seguridade viaria

As obras de construción dunha cuneta de seguridade obrigarán a cortar temporalmente o tráfico...

Un equipo da USC lidera un proxecto internacional para mellorar o diagnóstico do covid persistente

A Universidade de Santiago de Compostela anunciou este luns que un equipo internacional de...