InicioSANTIAGOO MIR da área sanitaria de Santiago, Ángel Minguillón, entre os gañadores...

O MIR da área sanitaria de Santiago, Ángel Minguillón, entre os gañadores do Premio Mutual Médica 2024

Trátase duns galardóns que, en tres categorías, concede a Fundación Mutual Médica a través do seu programa 'Impulsar(me)' para recoñecer o labor de médicos en exercicio, residentes e estudantes no impulso de novas vías de investigación

Publicado o

Xornal de Compostela

Ángel Minguillón, residente de cuarto ano do servizo de Neurología da área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, foi un dos gañadores dos XXXIV Premios á Investigación Mutual Médica 2024, recentemente entregado no Centro Cultural de Barcelona.

Trátase duns galardóns que, en tres categorías, concede a Fundación Mutual Médica a través do seu programa ‘Impulsar(me)’ para recoñecer o labor de médicos en exercicio, residentes e estudantes no impulso de novas vías de investigación en torno ao desenvolvemento de terapias innovadoras, ferramentas diagnósticas ou o coidado e tratamento de enfermidades.

Xunto aos primeiros gañadores, o proxecto ‘Biomarcadores centrados en proteína Tau na enfermidade de Alzheimer de inicio precoz’, presentado por Anxo Manuel Minguillón Pereiro, MIR de neurólogo no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, foi recoñecido cun dos accésits da Bolsa Mutual Médica, dotado con 5.000 euros.

O estudo compostelán desenvolverase en pacientes con enfermidade de Alzhéimer de inicio precoz (menos de 65 anos ao diagnóstico), recrutando prospectivamente unha cohorte destas características nesta área sanitaria de entre 40 e 60 enfermos. Obteranse varios biomarcadores destes enfermos, tanto en líquido (plasma, sangue e líquido cefalorraquídeo) como de imaxe (resonancia de alta resolución e imaxe metabólica).

Tal e como subliña o doutor Minguillón, “dito estudo busca poder empregar, coa mesma fiabilidade, métodos de diagnóstico menos invasivos que a punción lumbar, ademais de analizar como se comporta a proteína Tau (unha das principais implicadas no Alzhéimer) nestes pacientes, correlacionando clínica e biomarcadores líquidos e de imaxe estrutural e metabólica”. O tempo estimado para o desenvolvemento deste estudo é de 2-3 anos.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...