InicioSANTIAGOPrograma de Nadal do Concello de Santiago para a conciliación das...

Programa de Nadal do Concello de Santiago para a conciliación das familias con fillos de máis de 12 anos

Confirmou diferentes "actividades divertidas" para nenos de entre 0 e 6 anos que terán a lingua galega como eixo central e que se desarrolarán de luns a xoves durante este mes de decembro

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela anunciou que organizará este nadal unha campaña chamada ‘Este Nadal concilia no bosque dous artistas perdidos’ para facilitar a concilación das familias con fillos maiores de 12 anos durante o período festivo.

Tal e como trasladou a concelleira de Xuventude, María Rozas, este mércores en rolda de prensa, a iniciativa contará con “actividades musicais da man da Casa do Rock, un taller de ficción sonora, outro de cianotipia, talleres de moda e actividades lúdicas dirixidas por monitores de tempo libre”.

Así mesmo, este campamento do Nadal levará a cabo no Monte do Gozo entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro, salvo os festivos de Nadal e Ano Novo, en horario de 9.30 horas a 14.30 horas. Os días 27 e 28 de decembro organizarase ademais unha acampada nocturna.

En relación coas prazas, serán 30 nun principio, pero poderán ampliarse en caso de ser necesario. A inscrición terá que realizarse polo correo electrónico dptoxuventude@santiagodecompostela.gal ou polo teléfono 981 542 457 entre o 9 e o 18 de decembro.

OFERTA PARA OS PEQUENOS EN ‘ESPAZO DO APEGO’

En canto ao que aos máis pequenos refírese, ‘Espazo Apego’ xa anunciou o seu habitual ‘Festa do Apego’ para o sábado 21 de decembro a partir das 12 horas no Auditorio de Galicia con “unha chea de xogos, contos e actuacións”.

Ademais, confirmou diferentes “actividades divertidas” para nenos de entre 0 e 6 anos que terán a lingua galega como eixo central e que se desarrolarán de luns a xoves durante este mes de decembro.

CULTURA PREPARADA PARA 2025

Doutra banda, Compostela Cultura fixo pública xa a programación para o primeiro semestre de 2025 con “33 propostas de teatro, danza e circo, que prestan especial atención á escena galega “.

A obra encargada de abrir a tempada será ‘Guerra’, de ‘Teatro do Noroeste’, o 17 de xaneiro no Teatro Principal. As entradas para esta e todas as demais ofertas culturais foron xa postas ha disposición da cidadanía na páxina web compostelacultura.gal e no Punto de Información Cultural de Santiago.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...