InicioSOCIEDADEDous dos migrantes que recibiron negativa de asilo do Goberno permanecen no...

Dous dos migrantes que recibiron negativa de asilo do Goberno permanecen no Monte do Gozo sen dereito a comida

O Foro Galego de Inmigración lembrou que son 5 as persoas que recibiron unha resolución de asilo negativa por parte do Goberno e que o seu caso aínda non está resolto

Publicado o

Xornal de Compostela

Foro Galego de Inmigración deu a coñecer este xoves a situación de cinco inmigrantes senegaleses que están en risco de quedar na rúa en Santiago de Compostela e advertiu das condicións de vida nas que se atopan aquelas persoas migrantes cunha resolución de asilo negativa por parte do Goberno. Nunha rolda de prensa acompañado por representantes da Rede Galega de Apoio ás Persoas Refuxiadas, o portavoz do Foro Galego de Inmigración, Miguel Fernández, expuxo o caso de cinco senegaleses con resolución negativa, aos que están a axudar.

En concreto, un deles aínda non foi desaloxado e os catro restantes atopábanse no albergue do Monte do Gozo ata o día 15 deste mes, cando tiñan que abandonar a vivenda. Actualmente, dous deles atópanse no albergue de Xoán XXIII e outros dous mantéñense no do Monte do Gozo, pero sen dereito a comida. Amadou Diallo, un dos migrantes que actualmente reside no Monte do Gozo e que se atopa facendo un curso de hostalaría, mostrou a dificultade da súa situación e expresou o abafo e a incerteza que vive pola posibilidade de quedar na rúa.

Neste escenario, Miguel Fernández cualificou de “apaños” as medidas que está a levar a cabo o Foro, con axuda do Concello de Santiago, para evitar que estas persoas queden na rúa e asegurou que estes non se corresponden co que debería de ser un programa por parte do Goberno que prestase unha atención “digna”. Así mesmo, incidiu na importancia da nacionalidade nestes casos, xa que sostido que aquelas persoas procedentes de países en guerra teñen máis posibilidades de recibir unha resolución de asilo positiva que no caso de migrantes como os afectados neste caso, que proceden de Senegal.

Na mesma liña, a representante da Rede Galega na reunión, Cristina Bandín, comparou a lei contra o abandono animal coa situación destas persoas, cualificando de “inadmisible” o feito de “abandonar desta forma a ningunha persoa”. Bandín tamén fixo un símil co turismo, ao soster que Santiago recibe a “máis de 450.000 turistas ao ano” e pon “pegas” para acoller a unhas poucas persoas.

ÚLTIMAS

Francisco Narla reconstrúe en ‘Suseia’ a vida descoñecida do Mestre Mateo

O escritor Francisco Narla regresa á historia de Santiago de Compostela coa publicación de...

O Concello de Santiago contrata nove persoas para reforzar o mantemento de zonas verdes, vías e limpeza de pintadas

O Concello de Santiago incorporou nove traballadores a través do departamento de Emprego para...

Máis dun milleiro de persoas maniféstanse en Santiago para reclamar medidas fronte á crise da vivenda

Máis dun milleiro de persoas mobilizáronse este sábado en Santiago de Compostela para reclamar...

O COAG Santiago entrega no Teatro Principal os premios ‘PRÓXIMOS’ con oito obras compostelás recoñecidas

A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia celebrou este sábado...

A Maker Faire Galicia abre en Santiago cunha xornada centrada no emprendemento e a innovación social

A Maker Faire Galicia inaugurou este venres en Santiago de Compostela a súa XII...

Un modelo da USC permite prever como reducir a calor nas cidades mediante cambios urbanísticos

O incremento das temperaturas está a aumentar o impacto da meteoroloxía sobre a saúde...

Santiago realiza 85 inspeccións a pisos turísticos no que vai de ano e constata un alto cumprimento das suspensións

O departamento de Urbanismo do Concello de Santiago realizou, no que vai de 2026,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here