InicioSANTIAGORecepción da USC aos estudantes que participan nos programas de cooperación internacional

Recepción da USC aos estudantes que participan nos programas de cooperación internacional

Publicado o

Xornal de Compostela

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, encabezou este martes unha recepción no Colexio de San Xerome para dar a benvida ás persoas que gozan dalgunha das axudas dos programas de cooperación internacional que ten en marcha a institución.

“Quero expresar o meu máis profundo agradecemento a todos aqueles que fan posible que as persoas que nos atopamos nunha situación tan difícil teñamos a oportunidade de continuar perseguindo os nosos soños“, asegurou Khrystyna Romaniuk, unha moza ucraína beneficiaria das axudas que a USC concede a persoas procedentes de zonas en conflito.

Neste sentido, o reitor da universidade cualificou as súas palabras como “o mellor exemplo da necesidade destes programas”, ademais, felicitou aos estudantes pola súa “forza para tomar esta decisión”.

Segundo indicou a USC nunha nota de prensa, no acto tamén interveu a vicerreitora de Titulacións e Internacionalización, María José López Couso, quen subliñou o compromiso da Universidade no ámbito da cooperación internacional.

Por outra banda, explicou que a cooperación internacional na USC articúlase a través de catro programas, o de ‘Axudas para pesonas procedentes de zonas en conflito’, o de ‘Mulleres por África’, o da Fundación Carolina e o do Ministerio de Asuntos Internacionais e Cooperación coa Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento (MAEC-AECID).

ÚLTIMAS

Correlingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á mobilización pola lingua galega

O Correlingua 2026 dará comezo o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela,...

Mila Castro presenta unha proposición para que o Pleno decida o modelo de xestión da auga en Santiago

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago, Milagros Castro, rexistrou unha proposición para...

(VÍDEO) As placas de “seguros mutuos” que ves nas fachadas de Santiago e que case ninguén sabe que significan

Quen pasea polo casco histórico de Santiago de Compostela pode atoparse, se presta algo...

Expertos reunidos en Santiago alertan do aumento dos desprazamentos polo cambio climático

Expertos de distintos ámbitos analizaron este martes en Santiago como o cambio climático está...

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

A Xunta corta temporalmente o ramal entre a AG-56 e a SC-20 por obras de seguridade viaria

As obras de construción dunha cuneta de seguridade obrigarán a cortar temporalmente o tráfico...

Un equipo da USC lidera un proxecto internacional para mellorar o diagnóstico do covid persistente

A Universidade de Santiago de Compostela anunciou este luns que un equipo internacional de...