InicioSUCESOSAterraxe de emerxencia no aeroporto de Santiago por presenza de fume na...

Aterraxe de emerxencia no aeroporto de Santiago por presenza de fume na cabina dun avión

Unha vez que o avión tomou terra sen ningún tipo de incidencia foi escoltado polos bombeiros ata a plataforma de estacionamento

Publicado o

Xornal de Compostela

Un avión procedente de Fuerteventura con destino Glasgow tivo que aterrar de emerxencia no Aeroporto Santiago-Rosalía de Castro tras detectarse fume na cabina cando se atopaba fronte á costa galega. A bordo viaxaban 170 pasaxeiros e seis membros da tripulación, sen que se rexistrasen feridos.

Segundo trasladou o 112 Galicia, o persoal do aeroporto compostelán solicitaba á central de emerxencias sobre as 19.15 horas a colaboración de persoal sanitario e de bombeiros, xa que un avión con fume na cabina estaba a piques de aterrar de emerxencia no recinto da capital galega.

Con todo, de inmediato o mesmo persoal do aeroporto confirmou que a aeronave puidera tomar terra sen problemas e que ninguén había resultado ferido.

Os operadores do 112 informaron os Bombeiros, á Policía Autonómica, Nacional e Local, así como aos voluntarios de Protección Civil de Santiago. Tamén se deu aviso, por se fose necesaria a súa intervención, ao Servizo de Procura e Salvamento (S.A.R.) do Exército do Aire e do Espazo.

Unha vez que o avión tomou terra sen ningún tipo de incidencia foi escoltado polos bombeiros ata a plataforma de estacionamento.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...