InicioECONOMÍAProrrogado o convenio de transporte metropolitano de Santiago até 2028 entre Xunta...

Prorrogado o convenio de transporte metropolitano de Santiago até 2028 entre Xunta e concellos

Así mesmo, os veciños dos concellos da área metropolitana de Compostela poderán beneficiarse dos descontos da Tarxeta da Mobilidade de Galicia (TMG), da Tarxeta Xente Nova ou da Tarifa+65 para os usuarios maiores de 65 anos

Publicado o

Xornal de Compostela

A Xunta e os 18 concellos da área de transporte metropolitano (ATM) de Santiago acordaron este venres prorrogar o convenio para o próximos catro anos. Así se decidiu na comisión de seguimento do Plan de Transporte Metropolitano desta área que presidiu a directora xeral de Mobilidade, Judit Fontela.

Segundo explicou a Xunta nunha nota de prensa, destinaranse máis de 1,2 millóns de euros ao ano, o 80% dos 1,5 millóns do importe total do acordo, mentres que vos municipios achegarán os 288.000 euros anuais restantes.

Deste xeito, a prórroga deste acordo súmase aos xa previstos en áreas como Lugo, Ferrol e A Coruña. Con todo, a ATM de Santiago é unha das que concentra “maior oferta de servizos” e inclúe aos concellos de Ames, A Baña, Boqueixón, Brión, A Estrada, Negreira, Ordes, Oroso, Padrón, O Pino, Rois, Santiago de Compostela, Teo, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vila de Cruces.

No marco deste convenio, a Xunta lembrou que continuará financiando os descontos do 80% nos billetes interurbanos, ademais da gratuidade dos transbordos. Así como as bonificacións para os usuarios habituais e familias numerosas.

Así mesmo, os veciños dos concellos da área metropolitana de Compostela poderán beneficiarse dos descontos da Tarxeta da Mobilidade de Galicia (TMG), da Tarxeta Xente Nova ou da Tarifa+65 para os usuarios maiores de 65 anos.

ÚLTIMAS

Subdelegado do Goberno e veciños de Santiago estudan a situación de seguridade

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, reuniuse na mañá deste xoves con...

O pleno rexeita a proposta do PP para retirar todos os radares de Conxo

O pleno do Concello de Santiago rexeitou este xoves a proposición presentada polo Partido...

O pleno aproba a execución dun programa urxente para reparar a rede viaria e reclama axilizar pagos nos CSC

O pleno do Concello de Santiago aprobou este xoves a execución dun programa urxente...

Denuncian o “colapso” nunha das prazas do Tribunal de Instancia de Santiago “que afecta as vítimas de violencia de xénero”

O sindicato Comisións Obreiras denunciou o colapso da praza número 3 da sección de...

Subdelegado do Goberno e veciños de Santiago estudan a situación de seguridade

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, reuniuse na mañá deste xoves con...

A USC e o IDIS conclúen que crear un modelo de consulta telemática “reduce a carga dos hospitais”

Un estudo da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e o Instituto de Investigación...

A alcaldesa de Santiago anuncia unha plataforma elevada no cruzamento do Hórreo con Gómez Ulla para priorizar ao peón

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou este mércores nunha visita ás obras do...