InicioSANTIAGOAlerta ante unha estafa en redes usando a imaxe da empresa de...

Alerta ante unha estafa en redes usando a imaxe da empresa de transporte municipal de Santiago

Fontes municipais confirmaron que o caso se denunciou ante a Policía Nacional e que Santiago non é a primeira cidade na que se rexistra un intento de estafa deste tipo

Publicado o

Xornal de Compostela

O goberno de Santiago alertou de que se detectou en redes sociais un intento de estafa para o que se usa, mediante un perfil falso de ‘Facebook’, a imaxe de Tussa, a empresa de transporte municipal.

A través desta páxina fraudulenta, ofrécese un cartón con supostos beneficios para viaxes ilimitadas nos autobuses da cidade por só 2,35 euros durante seis meses, como parte dun aniversario da empresa.

A web insta mesmo a “apresurarse” co gancho de que “só hai dispoñibles 500 cartóns” a ese prezo.

O goberno local alertou do intento de estafa en redes e insta a non abrir o link, non proporcionar datos persoais e non difundir.

Así mesmo, fontes municipais confirmaron que o caso se denunciou ante a Policía Nacional e que Santiago non é a primeira cidade na que se rexistra un intento de estafa deste tipo.

ÚLTIMAS

Correlingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á mobilización pola lingua galega

O Correlingua 2026 dará comezo o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela,...

Mila Castro presenta unha proposición para que o Pleno decida o modelo de xestión da auga en Santiago

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago, Milagros Castro, rexistrou unha proposición para...

(VÍDEO) As placas de “seguros mutuos” que ves nas fachadas de Santiago e que case ninguén sabe que significan

Quen pasea polo casco histórico de Santiago de Compostela pode atoparse, se presta algo...

Expertos reunidos en Santiago alertan do aumento dos desprazamentos polo cambio climático

Expertos de distintos ámbitos analizaron este martes en Santiago como o cambio climático está...

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

A Xunta corta temporalmente o ramal entre a AG-56 e a SC-20 por obras de seguridade viaria

As obras de construción dunha cuneta de seguridade obrigarán a cortar temporalmente o tráfico...

Un equipo da USC lidera un proxecto internacional para mellorar o diagnóstico do covid persistente

A Universidade de Santiago de Compostela anunciou este luns que un equipo internacional de...