InicioSANTIAGOO SERGAS inicia as obras de humanización do Hospital Clínico de Santiago

O SERGAS inicia as obras de humanización do Hospital Clínico de Santiago

A actuación consistirá no acondicionamento da terraza do hospital santiagués, cuxa superficie supera os 300 metros cadrados

Publicado o

Xornal de Compostela

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) iniciou as obras de mellora da área de espera de oncoloxía no Hospital Clínico de Santiago de Compostela, co obxectivo de humanizar este espazo.

Tal como informou a Xunta nun comunicado, os traballos durarán un tres meses e medio e suporán un investimento autonómico de case 721.800 euros. Ademais, o Sergas tamén formalizou a contratación do mobiliario para equipar a nova sala de espera, por un importe que rolda os 140.000 euros.

A actuación consistirá no acondicionamento da terraza do hospital santiagués, cuxa superficie supera os 300 metros cadrados. Así, o deseño prevé o peche da terraza para a súa climatización con acabados en madeira, mantendo as vistas ao Monte de Moas.

“A obra responde á necesidade de mellorar as condicións da sala de espera do servizo de oncoloxía do hospital, xa que os tratamentos implican encadear varias consultas e a preparación de fármacos específicos para cada paciente, polo que a súa estancia pode prolongarse varias horas”, subliñou o Goberno galego.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

Suspenden a audiencia contra un policía urbanístico de Santiago acusado de falsificar un informe

A Audiencia Provincial da Coruña, na súa sede de Santiago de Compostela, suspendeu este...