InicioSANTIAGOO PP compostelán denuncia o "estado deplorable" das estradas e reclama ao...

O PP compostelán denuncia o “estado deplorable” das estradas e reclama ao BNG unha “estratexia real”

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, afeou ao BNG "que non faga nada" e reclamou aos nacionalistas que realicen "reparacións urxentes" con arranxos na maioría das rúas e vías rurais, unha iniciativa que, ademais, "poida estenderse ao resto da cidade"

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, denunciou o “deplorable estado” das rúas e estradas compostelás, que están “cheas de fochancas e firmes en mal estado, sobre todo, nas zonas rurais” e reclamou ao goberno local unha “estratexia real”.

Neste sentido, o popular afeou ao BNG “que non faga nada” e reclamou aos nacionalistas que realicen “reparacións urxentes” con arranxos na maioría das rúas e vías rurais, unha iniciativa que, ademais, “poida estenderse ao resto da cidade”.

Segundo destacou o PP nunha nota de prensa, unha “mostra clara” desta situación é o viario de acceso a Casal da Horta, que leva ata Monte Pedroso e que se atopa en “claras condicións de abandono”, polo que urxen ao goberno local a levar a cabo unha “reparación urxente”.

Así mesmo, Verea subliñou os “prexuízos e perigos” que se poden derivar para os vehículos e os peóns polo “mal estado” das estradas, “ademais das reclamacións de responsabilidade patrimonial por danos que se poden producir como consecuencia”.

Con todo, incidiu en que “esta non é a primeira vez” que lle reclaman aos nacionalistas que “traballen, saian dos seus despachos e póñanse a solucionar os problemas dos veciños”.

ÚLTIMAS

Correlingua 2026 comezará en Santiago o 5 de maio cunha chamada á mobilización pola lingua galega

O Correlingua 2026 dará comezo o vindeiro 5 de maio en Santiago de Compostela,...

Mila Castro presenta unha proposición para que o Pleno decida o modelo de xestión da auga en Santiago

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago, Milagros Castro, rexistrou unha proposición para...

(VÍDEO) As placas de “seguros mutuos” que ves nas fachadas de Santiago e que case ninguén sabe que significan

Quen pasea polo casco histórico de Santiago de Compostela pode atoparse, se presta algo...

Expertos reunidos en Santiago alertan do aumento dos desprazamentos polo cambio climático

Expertos de distintos ámbitos analizaron este martes en Santiago como o cambio climático está...

Rueda ve a Borja Verea como “un magnífico candidato” para Santiago, pero evita confirmalo

O presidente da Xunta e líder do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, afirmou...

A Xunta corta temporalmente o ramal entre a AG-56 e a SC-20 por obras de seguridade viaria

As obras de construción dunha cuneta de seguridade obrigarán a cortar temporalmente o tráfico...

Un equipo da USC lidera un proxecto internacional para mellorar o diagnóstico do covid persistente

A Universidade de Santiago de Compostela anunciou este luns que un equipo internacional de...