InicioSOCIEDADEInvestigadores da USC describen un novo mecanismo esencial na aparición da diabetes...

Investigadores da USC describen un novo mecanismo esencial na aparición da diabetes tipo 1

O grupo de Inmunidade e Pequenas Moléculas do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC, en colaboración con King's College London (Reino Unido) e Technische Universitat Dresden (Alemaña), conseguiu abrir unha nova vía de estudo sobre a aparición da diabetes tipo 1, que pode derivar no descubrimento de novos fármacos para esta doenza

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo de Inmunidade e Pequenas Moléculas do Centro Singular de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (CiMUS) da USC, en colaboración con King’s College London (Reino Unido) e Technische Universitat Dresden (Alemaña), conseguiu abrir unha nova vía de estudo sobre a aparición da diabetes tipo 1, que pode derivar no descubrimento de novos fármacos para esta doenza. En concreto, o seu traballo recentemente publicado en Nature, está centrado en comprender que características teñen as proteínas TCR que provocan un recoñecemento equivocado de autoantíxenos, orixinando o proceso de destrución de células pancreáticas que producen insulina.

Este proceso de destrución equivocada iníciase cando un tipo de células inmunitarias, os linfocitos T, recoñecen antíxenos propios (“autoantíxenos”) coma se pertencesen a axentes estraños como poden ser os virus ou as bacterias. Este recoñecemento lévano a cabo a través dunhas proteínas denominadas TCR (‘T cell receptor’) que se unen aos antígenos como unha chave a unha fechadura de tal modo que, se localizan o antígeno para o cal son específicos, actívanse e comeza o proceso destrutivo. Por tanto, a clave para comprender a causa das enfermidades autoinmunitarias e así poder desenvolver mellores terapias é comprender que características teñen estes TCR en pacientes e que provocan este recoñecemento equivocado de autoantíxenos, explica a investigadora do CiMUS da USC, Iria Gómez Touriño.

O equipo de investigación puido comprobar neste estudo que estas células autorreactivas están presentes en persoas sas, que son moi frecuentes e que están activadas porque recoñeceron un antígeno pancreático. “Este descubrimento foi completamente inesperado, posto que a dogma no campo da autoinmunidade é que as persoas sen enfermidades autoinmunitarias non deberían ter estas células autorreactivas”, comenta Gómez Touriño. Nunha análise máis detallada, empregando técnicas punteiras de secuenciación, observaron que estes TCR son diferentes entre pacientes e doantes sans. Concretamente, un conxunto de TCR que si aparece en persoas sas non está presente en pacientes, e as células dos pacientes presentan unhas características diferentes, expresando máis ou menos algúns xenes específicos, o que suxire que existe unha autoinmunidade fisiolóxica e outra patoxénica.

Todo isto levou ao equipo a formular un novo modelo de autorreactividado en diabetes tipo 1 segundo o cal a morte de células pancreáticas durante o período inmediatamente posterior ao nacemento é necesaria para a correcta formación do páncreas do recentemente nado. “Así, nosas defensas desenvolven unha memoria inmunolóxica contra esas células, memoria que, en doantes sans, mantense baixo control durante o resto da vida. Non entanto, en persoas que máis adiante desenvolverán diabetes tipo 1, esta memoria que se xera é imperfecta e demasiado proclive a reactivarse e, ademais, non se controla correctamente, conducindo á destrución masiva de células pancreáticas”, aclara. O estudo arroxa, por tanto, luz sobre os mecanismos iniciais que conducen á aparición da diabetes tipo 1 e destaca a importancia de estudar a autorreactividade en persoas sen enfermidades autoinmunitarias para así poder diferenciar a autorreactividade fisiolóxica e a patolóxica.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

O Concello continúa as reunións coa veciñanza para abordar obras e melloras en varios barrios de Santiago

O Concello de Santiago celebrou esta semana dúas novas xuntanzas cos barrios, encontros que...

A alcaldesa destaca o impulso da Casa Xohana Torres e o crecemento do asesoramento LGBTIQ+ no Consello Municipal de Igualdade

A reunión do Consello Municipal de Igualdade, presidida este venres pola alcaldesa Goretti Sanmartín,...

A USC en mans de mulleres: catro candidatas se presentan para reitoras tras a retirada de Mar Lorenzo

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) pechou este venres o prazo de presentación...