InicioECONOMÍAXornada en Santiago sobre as novas axudas de eficiencia enerxética para empresas...

Xornada en Santiago sobre as novas axudas de eficiencia enerxética para empresas turísticas

Un equipo técnico de Turismo de Galicia será o encargado de explicar os detalles desta convocatoria, que inclúe como novidade que os establecementos de restauración poidan ser posibles beneficiarios ademais dos de aloxamento

Publicado o

Xornal de Compostela

O edificio CINC da Cidade da Cultura acollerá o vindeiro luns, 21 de outubro, unha xornada informativa sobre as axudas para actuacións de eficiencia enerxética de empresas turísticas, dirixidas a profesionais do sector turístico galego. Organizada por Turismo de Galicia, a sesión comezará ás 10,00 horas, desenvolverase durante toda a mañá e poderase seguir en streaming a través da web de Turismo de Galicia no Espazo Profesional.

A Xunta celebra esta acción informativa para informar da liña de subvencións convocada o pasado mes de xuño que busca reforzar as medidas de eficiencia enerxética nas empresas turísticas galegas e que está en prazo ata o próximo 14 de novembro. O Goberno galego dotou estas axudas con 10 millóns de euros financiados con fondos europeos na procura da modernización e mellora da competitividade do sector turístico galego.

Os responsables das empresas e profesionais do sector interesados nesta xornada poden inscribirse antes do 18 de outubro no correo electrónico turismo@xunta.gal.

Un equipo técnico de Turismo de Galicia será o encargado de explicar os detalles desta convocatoria, que inclúe como novidade que os establecementos de restauración poidan ser posibles beneficiarios ademais dos de aloxamento. Ademais, esta liña permite a rehabilitación enerxética de todo o edificio ou dunha parte (na anterior eran edificios completos), non se pide antigüidade mínima dos edificios para rehabilitar e non hai unha esixencia mínima de aforro enerxético, entre outras.

As axudas cubrirán ata o 70% do custo total subvencionable do proxecto, aínda que poderá chegar ao 80% ou 90% no caso de que se acrediten aforros de enerxía primaria non renovable dun 20 ou 30%. Os gastos subvencionables deberán estar realizados antes de abril de 2025.

ÚLTIMAS

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

Falece o exconcelleiro socialista Carlos Nieves mentres se bañaba nunha praia do Grove

Carlos Nieves, concelleiro socialista do Concello de Santiago desde 1987 ata 2011, con algunhas...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Santiago de Compostela dará inicio a unha Volta Ciclista España 2027 que arrincará en setembro

A próxima edición 2027 da Vuelta Ciclista a España sairá de Galicia, concretamente da...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...