InicioMOV. SOCIAISCentos de persoas maniféstanse "en contra do sionismo e a represión policial"...

Centos de persoas maniféstanse “en contra do sionismo e a represión policial” tras as 9 detencións en Santiago

A marcha partiu pasadas as 19:30 desde a Praza Roxa e os manifestantes desprazáronse ata a Praza 8 de marzo ante un importante despregamento policial

Publicado o

Xornal de Compostela

Máis dun centenar de persoas manifestáronse este venres en Santiago de Compostela “en contra do sionismo e da represión policial” tras as cargas ocorridas o pasado domingo despois da marcha na que miles de persoas esixiron polas rúas da capital galega un alto ao fogo en Palestina e que deixaron nove persoas detidas e, segundo o Sindicato Unificado de Policía (SUP), nove axentes feridos.

Convocados por colectivos como a Rede Galega por Palestina, BDS Galiza e a Asemblea Internacionalista, a marcha partiu pasadas as 19:30 desde a Praza Roxa e os manifestantes desprazáronse ata a Praza 8 de marzo ante un importante despregamento policial. Cunha pancarta coa lema ‘Nove detencións, 0 explicacións’ e entre cánticos como ‘non levamos porras, é unha pancarta’, ‘onde estaba a placa cando me pegabas’ ou ‘aquí choven multas, en Gaza choven bombas‘, máis dun centenar de persoas percorreron as rúas do centro compostelán sen que se rexistrasen incidentes.

FEITOS DO PASADO DOMINGO

As cargas producíronse cando, ao finalizar a protesta, un grupo de manifestantes dirixiuse aos locais de venda de comida rápida que se atopan na rúa da Senra, no centro da capital galega, ao considerar que estas empresas colaboran con Israel. Alí, varios axentes da UIP interviñeron e detiveron a nove persoas.

Estes feitos tamén deron lugar a un cruzamento de declaracións entre o Goberno local e o PP de Santiago, despois de que a portavoz do Executivo de Goretti Sanmartín, Míriam Louzao, manifestase que, “polo que transcendeu e as imaxes”, a intervención policial parecía “algo excesiva”. Unhas declaracións que o portavoz dos populares cualificou de “imprudentes”.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago rexeita as “escusas” para non declarar a cidade zona tensionada

A concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica de Santiago de Compostela,...

Ronald Rojas pecha as Festas da Peregrina cun pregón dedicado á integración da inmigración en Ames

O peche das Festas da Peregrina en Bertamiráns tivo como protagonista a inmigración, un...

Detido un veciño de Ames por un delito contra a saúde pública e outro contra a seguridade viaria en Teo

A Garda Civil do Posto Principal de Milladoiro Ames detivo a un home de 58 anos,...

Goretti traslada “toda a súa solidariedade” tras o incendio na Mesquita de Córdoba

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou "toda a súa solidariedade" coa cidade de...

(VÍDEO) A Asociación de Pacientes denuncia un novo colapso nas urxencias do CHUS e sinala ata 13 pacientes graves nos corredores

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou este luns un novo episodio...

‘Sinaladas’ afonda na memoria das mulleres galegas represaliadas ao longo do século XX

A rúa da Carreira do Conde, en Santiago de Compostela, acolle desde esta semana...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia demoras de ata 17 días na atención primaria malia o plan de verán do Sergas

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS volveu advertir sobre o grave deterioro...