InicioPOLÍTICAO BNG esixe a liberalización das peaxes da AP-9 entre Santiago e...

O BNG esixe a liberalización das peaxes da AP-9 entre Santiago e Padrón polas obras na N-550

Néstor Rego advirte que é a única solución viable para paliar os efectos das obras no Milladoiro

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG reclamou este venres ao Goberno central a liberalización das peaxes da AP-9 no tramo comprendido entre Santiago de Compostela e Padrón. O motivo desta demanda é a necesidade de garantir unha alternativa viable de circulación mentres se realizan as obras de humanización da N-550 ao seu paso polo Milladoiro, no concello de Ames.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, advertiu que “a única forma de ter unha alternativa adecuada e viable para garantir a circulación entre Santiago e Padrón en ambos os sentidos é a liberalización das peaxes”. Segundo explicou Rego, as obras na N-550 provocarán “graves prexuízos para o tráfico”, afectando a miles de vehículos, ata, como mínimo, finais de 2025.

Os nacionalistas xa anunciaron que rexistrarán iniciativas no Congreso e nos concellos afectados polas obras para que o Ministerio de Transportes adopte esta medida de carácter temporal. A liberación das peaxes permitiría desviar o tráfico pola AP-9, evitando os colapsos que se prevén na principal arteria de comunicación do Milladoiro durante o período das obras.

No acto de presentación desta demanda, ademais de Rego, participaron a deputada Iria Carreira e portavoces do BNG dos municipios máis afectados pola humanización da N-550, quen destacaron a urxencia de tomar medidas que minimicen o impacto destas obras sobre a circulación diaria.

ÚLTIMAS

A burra, a mesa e o pau: o retrato da familia obreira galega

O pasado 6 de Marzo estreouse no Salón Teatro un espectáculo da man do...

Compostela fortalece a súa proxección internacional coa renovación do convenio entre Cidades Patrimonio e o Instituto Cervantes

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, presidido pola alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín,...

O Concello activa unha campaña de control e información sobre o lixo na cidade histórica e o Ensanche

O Concello de Santiago de Compostela porá en marcha o vindeiro 22 de abril...

O Hostal dos Reis Católicos renovará a súa imaxe con obras por valor de 36 millóns de euros

O Hostal dos Reis Católicos, un dos símbolos máis recoñecidos da cidade de Santiago...

O PP solicita a retirada de colectores na rúa Fonte de Santo Antonio por insalubridade

O Partido Popular de Santiago solicitou ao goberno municipal que retire os colectores de...

Pontón anima a participar na manifestación en Santiago para defender a sanidade pública

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo este sábado un chamamento á mobilización...

A veciñanza de Santa Marta pide máis seguridade con 5.600 firmas ao Goberno

Os veciños do barrio compostelán de Santa Marta fixeron entrega este venres dun total de...