InicioPOLÍTICAO Concello de Santiago avanza no deseño do seu primeiro plan de...

O Concello de Santiago avanza no deseño do seu primeiro plan de igualdade

Creada a comisión que definirá as medidas para promover a igualdade entre traballadores e traballadoras municipais

Publicado o

Xornal de Compostela

O Concello de Santiago deu un paso importante esta semana coa creación da comisión negociadora para o seu primeiro plan de igualdade, dirixido a promover a equidade entre traballadores e traballadoras municipais. A comisión está presidida pola alcaldesa Goretti Sanmartín e conta coa vicepresidencia do concelleiro Manuel César Vila. Entre os vogais figuran a edil María Rozas Pérez e representantes de varios departamentos municipais, incluíndo Persoal, Igualdade, Servizos Sociais e Prevención de Riscos Laborais, así como membros do comité de empresa e da xunta de persoal.

Segundo indicou o Concello, este plan pretende “transformar a cultura interna” do organismo para garantir a igualdade entre homes e mulleres nas relacións laborais e na xestión dos recursos.

A fase inicial inclúe a recollida de datos mediante cuestionarios e entrevistas ao persoal municipal, o que permitirá analizar información cuantitativa e cualitativa para deseñar as medidas necesarias. Estas accións estarán acompañadas de indicadores de seguimento, un calendario de execución e a definición das áreas responsables para a súa implementación.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Unha vintena de sindicalistas da CIG, UFT e CC.OO. concentráronse esta mañá de xoves...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

A biopsia líquida e a intelixencia artificial centran en Santiago un simposio internacional sobre oncoloxía de precisión

Santiago de Compostela acolle desde este xoves e ata o sábado a XI edición...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...