InicioPOLÍTICABesteiro rexeita falar sobre o expediente aos edís socialistas e di que...

Besteiro rexeita falar sobre o expediente aos edís socialistas e di que o proceso conta con “todas as garantías”

"Cando hai unha situación de expediente disciplinario aberto, o secretario xeral non debe falar en ningún caso, non debe prexudicar o que vai saír de aí", afirmou o secretario xeral do PSdeG

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, rexeitou interferir nos expedientes abertos aos edís de Santiago de Compostela por desafiar as directrices da dirección local e asegurou que o proceso interno conta con “todas as garantías”.

Besteiro pronunciouse deste xeito nun almorzo informativo ofrecido este xoves ao ser preguntado sobre a situación interna en Santiago de Compostela.

Na súa intervención e tras coñecerse que o partido está a comunicar a apertura destes expedientes aos concelleiros, que agora poden presentar alegacións, Besteiro volveu a rexeitar unha vez máis pronunciase sobre os expedientes.

Cando hai unha situación de expediente disciplinario aberto, o secretario xeral non debe falar en ningún caso, non debe prexudicar o que vai saír de aí”, afirmou.

Besteiro trasladou que “espera” que as cuestións “se reconduzan” pero dixo que, máis aló diso, non vai prexulgar tendo en conta que se tratan dun proceso “con todas as garantías”. “Calquera que interfira nese proceso estará a facer un mal ao proceso”, apuntou.

En concreto, o conflito interno no PSOE compostelán estalou o pasado 24 de xuño, cando o seis edís –Mercedes Rosón, Milagres Castro, Gumersindo Guinarte, Marta Abal, Gonzalo Muíños e Marta Álvarez– romperon nun pleno municipal a disciplina de voto marcada pola dirección local nunha ordenanza sobre vivendas turísticas.

Ese mesmo día que tivo lugar o pleno e a citada votación, tivo lugar unha reunión da executiva local do PSOE, na que a que na que a dirección local aprobou cambios no persoal de confianza, o que implicaba o cesamento da xefa de gabinete e o xefe de prensa do grupo municipal. Con todo, o portavoz municipal rexeitou asinar estes cesamentos, polo que tamén foi expedientado.

ÚLTIMAS

Unha exempleada da gardaría Galiña Azul do Polígono do Tambre condenada a 15 meses de cárcere por malos tratos habituais a menores

Unha extraballadora da gardaría pública Galiña Azul do Polígono do Tambre, en Santiago de...

A USC aproba seis novas propostas para atraer talento internacional a través do programa ATRAE 2025

O Consello de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela (USC) deu luz verde...

Sanmartín responde ás críticas polo cartel da Ascensión: “Hai unha planificación estupenda e artistas de primeiro nivel”

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, participou este mércores nunha entrevista en...

O PP critica ao Concello de Santiago de “perder” unha axuda para o Mercado de Abastos e o goberno local “non renuncia” á súa...

O PP criticou ao Concello de Santiago por "perder fondos" destinados á "revitalización" da...

Sanmartín responde ás críticas polo cartel da Ascensión: “Hai unha planificación estupenda e artistas de primeiro nivel”

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, participou este mércores nunha entrevista en...

O PSdeG acusa ao Goberno local de inacción pola falta de avances na venda de parcelas e o abandono do Parque de Carlomagno

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela presentará no Pleno do vindeiro 3...

O PSOE local solicita explicacións polo deterioro do aparcadoiro de Xoán XXIII e pide prazos de rehabilitación

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela formulará no Pleno ordinario do vindeiro...