InicioPOLÍTICAO PSOE abre expediente disciplinario a Mercedes Rosón

O PSOE abre expediente disciplinario a Mercedes Rosón

A sanción prodúcese tras votar a favor da ordenanza de vivendas turísticas, en contra da directriz do partido

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Socialista abriu un expediente disciplinario á concelleira compostelá, Mercedes Rosón, tras desatender as directrices da dirección local e votar a favor da ordenanza sobre vivendas turísticas no pleno municipal celebrado o pasado 24 de xuño. A medida foi notificada á edil o 4 de setembro, considerando que cometeu faltas graves ou moi graves, aínda que sen especificar a sanción.

O conflito no PSOE compostelán estalou cando os seis edís do grupo municipal votaron a favor da ordenanza, malia a instrución do secretario xeral local, Aitor Bouza, de optar pola abstención. Rosón e o seu equipo argumentaron que foron “leais coa cidade” e co que defende o PSOE a nivel estatal e galego. Bouza, con todo, criticou a medida aprobada, cualificándoa de “papel mollado” e asegurando que non suporía cambios reais na regulación das vivendas turísticas.

Este voto a favor provocou unha ruptura interna entre a dirección do partido en Santiago e o grupo municipal. A situación agravouse cando a dirección local decidiu cambios no persoal de confianza do grupo, incluíndo o cesamento da xefa de gabinete e o xefe de prensa. O portavoz municipal, Gonzalo Muíños, negouse a formalizar estes cambios, o que resultou na apertura dun segundo expediente disciplinario contra el.

Agora, Mercedes Rosón poderá presentar alegacións ao seu expediente, que será tramitado por Moisés Rei, instrutor designado pola organización provincial. As instancias superiores do partido tomarán a decisión final sobre a resolución deste proceso disciplinario.

ÚLTIMAS

Santiago celebra 40 anos como Patrimonio da Humanidade e redefine os seus retos de futuro

Santiago de Compostela celebrou este venres o 40º aniversario da súa declaración como Patrimonio...

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

O PSdeG reclama ao goberno de Sanmartín que execute en 2026 a mellora do cruce de República Arxentina co Hórreo

O Grupo Municipal Socialista pediu ao executivo local que active canto antes os traballos...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...