InicioPOLÍTICAO BNG rexeita participar nunha xornada da Xunta en Santiago pola ausencia...

O BNG rexeita participar nunha xornada da Xunta en Santiago pola ausencia de mulleres entre os relatores

Noa Presas cualifica de "escándalo machista" a falta de representación feminina no evento sobre municipalismo galego

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG anunciou que non participará na xornada sobre municipalismo organizada pola Xunta de Galicia o próximo 19 de setembro en Santiago de Compostela, debido á ausencia de mulleres entre os relatores, agás a presenza da directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, quen, segundo o Bloque, participará como “presentadora”. A deputada nacionalista Noa Presas cualificou a situación como “un escándalo machista e absolutamente inxustificable”.

O BNG criticou que o programa do evento, no que se analizará o estado do municipalismo galego, non inclúe “nin unha soa muller” entre as persoas expertas ou representantes institucionais que intervirán. Segundo o comunicado emitido polo partido, o alcalde de San Sadurniño e vicepresidente da Fegamp, Secundino García, solicitou que se rectificase esta falta de representación feminina, pero ao non ser atendida a súa petición, decidiu non participar na mesa redonda sobre fusións de concellos.

Non quero ser cómplice desta anomalía que silencia e oculta ás mulleres”, afirmou García, quen enviou unha carta á Dirección Xeral de Administración Local manifestando o seu descontento coa configuración do programa. O rexedor de San Sadurniño subliñou que “os xestos son importantes” e que a situación actual obrígalle a renunciar á súa participación.

O BNG mantén a súa postura de defensa da igualdade e critica o que consideran un reflexo do “machismo estrutural” dentro do Partido Popular no goberno galego.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PP denuncia a paralización das obras da rúa García Lorca e reclama medidas urxentes para garantir a seguridade viaria

O Grupo Municipal do Partido Popular de Santiago denunciou a situación das obras de...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...