InicioPOLÍTICAO PP acusa ao BNG de incompetencia na xestión da seguridade en...

O PP acusa ao BNG de incompetencia na xestión da seguridade en Santiago

José Ramón de la Fuente critica a inacción do goberno local ante o incremento da criminalidade e as "carreiras ilegais" na Sionlla

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro popular José Ramón de la Fuente denunciou que Santiago de Compostela sofre un “grave problema de seguridade cidadá” debido á “incapacidade” do BNG para xestionar a situación, o que, segundo o edil, está a afectar á cidadanía. “Non sabemos se se trata de incompetencia, de indolencia ou de prexuízos ideolóxicos, pero o resultado é un forte incremento da criminalidade”, afirmou De la Fuente, baseándose nos últimos datos do Ministerio de Interior, que rexistran un aumento do 7% nos delitos respecto ao ano pasado.

O concelleiro tamén criticou a negativa do BNG a recoñecer a existencia das “carreiras ilegais” de coches no polígono da Sionlla, “cando centos de persoas xa viron os vídeos e as marcas dos pneumáticos son evidentes”. Para De la Fuente, a falta de accións por parte do Concello, a pesar das queixas veciñais, é “preocupante” e mostra un “desinterese evidente” por atallar o problema.

O edil popular sinalou ademais que a Garda Civil xa advertiu sobre os problemas de iluminación na zona da Sionlla, o que crea un entorno propicio para estas carreiras. A pesar das denuncias presentadas polo PP no Pleno, o BNG negouse a activar a Entidade Urbanística de Conservación que xestionaría o polígono e melloraría a iluminación pública.

De la Fuente criticou a falta de medidas por parte do goberno local, afirmando que “non son quen de poñer máis efectivos de seguridade, mellorar a videovixilancia ou resolver os problemas de iluminación”. O concelleiro emprazou ao BNG a actuar de forma inmediata para evitar situacións máis graves e asegurar a vixilancia da Sionlla nas horas e días nos que se producen os incidentes.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PP denuncia a paralización das obras da rúa García Lorca e reclama medidas urxentes para garantir a seguridade viaria

O Grupo Municipal do Partido Popular de Santiago denunciou a situación das obras de...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here