InicioPOLÍTICAO PP de Santiago cualifica ao goberno local de "sectario" e "vago"...

O PP de Santiago cualifica ao goberno local de “sectario” e “vago” despois de 15 meses de xestión

Os populares consideran que os concelleiros do BNG "non teñen ganas de traballar" e que a cidade está "máis sucia, máis triste e máis cohibida".

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do PP de Santiago, Borja Verea, asegurou este martes que, despois de 15 meses na alcaldía de Santiago, a xestión do BNG foi “decepcionante” e cualificou ao goberno local de “ineficaz”, “vago” e “sectario”.

Nesta liña, Verea esgrimiu que un ano e medio despois, o “abandono” dos barrios é “total” e que os concelleiros nacionalistas demostraron que a cidade está “máis sucia, máis triste e máis cohibida”. “A única resposta posible é que os concelleiros do BNG non saben traballar ou non teñen ganas de traballar”, afeou o líder do PP compostelán nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi.

Deste xeito, denunciou a situación “crítica” dos autobuses de Santiago, xa que o contrato para renovar a frota está atrasado desde fai “dez anos”. “A alcaldesa é cómplice respecto desta cuestión, porque puxo á fronte desta área aos responsables que nos meteron nesta lea”, afeou Verea á rexedora nacionalista, Goretti Sanmartín.

“DESMANTELAMENTO” TECIDO CULTURAL

Por outra banda, tamén indicou que o goberno local “está a desmantelar” o tecido cultural compostelán, por exemplo coa “perda” do festival WOS. “Trátase dun dos festivais máis internacionais e máis vangardistas que ven realizando todos os setembros e que por primeira vez neste 2024 non se vai a celebrar“, lamentou Verea.

Segundo detallou, outro dos exemplos deste “desmantelamento” cultural é que as festas da Ascensión e do Apóstolo deste ano foron as “peores festas”, celebracións “sen ambición, sen proxección, sen personalidade e pensadas para uns poucos”.

APARCADOIRO NO HOSPITAL CLÍNICO

Con todo, o popular tamén puxo o foco en que os nacionalistas “publicitaron unhas 20 veces durante o último ano” o acordo para o aparcadoiro do Hospital Clínico de Santiago, un “éxito” que considera que é do PP. “Nós puxemos sobre a mesa esa infraestrutura cando a ninguén se lle pasase nin pola cabeza a posibilidade de facer un aparcadoiro dentro do recinto hospitalario”, defendeu.

Deste xeito, subliñou que o PP de Santiago “defendeu” esta postura “a pesar das risas e dos chascarrillos”. Así mesmo, asegurou que este é o “mellor exemplo” de que os populares traballan co “único obxectivo” de ser “útiles” para os veciños.

ÚLTIMAS

Os piquetes impiden a saída dos servizos mínimos e Santiago queda sen autobuses a primeira hora

O transporte urbano e interurbano de Santiago quedou paralizado a primeira hora deste xoves...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

Ence leva o conflito laboral a Santiago cunha nova xornada de folga e mobilizacións o martes

Os traballadores e traballadoras de Ence en Lourizán volveron sacar o conflito laboral fóra...

Os Bonos Corazón mobilizan preto de dous millóns de euros no comercio local de Santiago en 2025

O programa municipal Bonos Corazón pechou o ano cun balance que, segundo destacou a concelleira...

Sumar plantexa a incorporación de Mercedes Rosón á súa estratexia para 2027

A Asemblea de Sumar Terras de Compostela aprobou por unanimidade a súa nova dirección...

UCIN Galicia inicia unha ronda de contactos en Santiago e prepara unha mobilización cidadá

UCIN Galicia abriu en Compostela un proceso de encontros con colectivos da cidade co...

O BNG pide no Parlamento profesores especialistas para o CEIP Monte dos Postes

O BNG reclamou á Consellería de Educación máis profesorado especialista no CEIP Monte dos...