InicioPOLÍTICAO PP de Santiago "responsabiliza" a Goretti Sanmartín da subida do canon...

O PP de Santiago “responsabiliza” a Goretti Sanmartín da subida do canon de Sogama

"Hai que ter a cara moi grande para dar unha rolda de prensa criticando un imposto do que es responsable" comenta Verea

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, mostrou a súa “sorpresa” ante as críticas da alcaldesa da cidade, Goretti Sanmartín, á subida do canon que propón Sogama. Neste sentido, asegurou que tanto a rexedora como o BNG son “responsables” deste incremento debido ao seu “apoio” a Pedro Sánchez.

Deste xeito, Verea esgrimiu que o que “ten que facer” Sanmartín é “buscar outro tipo de aliados” ou ser responsables cando toman decisións que despois “teñen repercusións en todos os cidadáns”.

Por outra banda, Sogama, empresa dependente da Consellería de Medio Ambiente, considera “necesario” aplicar unha subida no canon que pagan os municipios, que pasará aos 108 euros por tonelada de cara a 2025, no canto dos 66 actuais.

Con todo, durante unha rolda de prensa celebrada este martes no Pazo de Raxoi, Verea puxo o foco en que este é un “imposto estatal”, polo que reiterou que a rexedora compostelá tamén é reponsable desta subida.

Estamos moi sorprendidos de que a propia responsable deste imposto sexa a que está ao criticar e que fale dun sablazo, cando no último mes contratou a un novo asesor, polo que xa van 14 asesores”, denunciou o popular.

Neste sentido, Verea asegurou que hai “moito escurantismo” e “ningunha transparencia” sobre unha cuestión “tan sensible” como é a contratación “a dedo” de persoal municipal co diñeiro de “todos os cidadáns”.

“A CARA MOI GRANDE”

Así mesmo, afeou á alcaldesa que se “ría” dos cidadáns e convoque roldas de prensa para criticar “a subida dun imposto” da que é a “principal responsable”.

Hai que ter a cara moi grande para dar unha rolda de prensa criticando un imposto do que es responsable, polo que ten que facer o goberno local é falar co seu socio e retirar ese imposto, máis que facer espectáculos de roldas de prensa”, subliñou. Con todo, incidiu en que Santiago xa hai “problemas suficientes” como para “inventar” problemas novos.

ÚLTIMAS

Santiago prepárase para o desafiuzamento do Escarnio e Maldizer: máis de cen antidisturbios blindarán o casco histórico

Compostela afronta este venres unha xornada marcada pola tensión ante o inminente desaloxo do...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación...

María Rozas clausura o obradoiro de emprego Genius e presenta a app ‘Inxenius’

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, clausurou...

Borja Verea critica a estratexia turística do goberno local durante a súa presenza en Madrid

O portavoz do Partido Popular en Santiago de Compostela, Borja Verea, realizou este mércores...

Abal denuncia a falta de avances na reparación da cuberta da Escola Infantil de Tras Parlamento

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela denunciou a ausencia de avances na...

O Concello aproba o proxecto de reurbanización da rúa Mallou no barrio de Meixonfrío

O Concello de Santiago de Compostela aprobou o proxecto de reurbanización da rúa Mallou,...

O PSdeG anuncia unha interpelación no pleno de xaneiro pola situación dos Centros Socioculturais

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno do mes de xaneiro unha...