InicioPOLÍTICARaxoi cifra en 1,2 millóns máis ao ano a subida do canon...

Raxoi cifra en 1,2 millóns máis ao ano a subida do canon de Sogama e apela á unidade municipal para combatela

Sogama, empresa dependente da Consellería de Medio Ambiente, considera "necesario" aplicar unha subida no canon que pagan os municipios, que pasará aos 108 euros por tonelada de cara a 2025, no canto dos 66 actuais

Publicado o

Xornal de Compostela

A portavoz do goberno municipal de Santiago, Míriam Louzao, reiterou este luns o rexeitamento do Concello compostelán á subida do canon que propón Sogama respecto da xestión de residuos, que suporía un gasto de 1,2 millóns de euros máis para a cidade. Deste xeito, apelou a outras administracións a unirse e “combatela” entre todas.

Neste sentido, Sogama, empresa dependente da Consellería de Medio Ambiente, considera “necesario” aplicar unha subida no canon que pagan os municipios, que pasará aos 108 euros por tonelada de cara a 2025, no canto dos 66 actuais. Así mesmo, Louzao asegurou este luns nunha rolda de prensa que este anuncio supón unha “mala noticia” que o seu goberno “quere combater” da man doutros concellos e da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

Deste xeito, o presidente da Fegamp, Alberto Varela, enviou unha carta ao presidente de Sogama, Javier Domínguez, na que traslada o seu “malestar” polo anuncio e polas formas “ao non ter ningún coñecemento previo da mesma”. Segundo informou a Fegamp, Varela tamén fai referencia ao “gran impacto que esta decisión unilateral tería para as entidades locais galegas”.

Nesta conxuntura, Louzao esgrimiu que nas últimas horas o goberno local analizou en detalle a “repercusión” que tería este anuncio se finalmente chega a implementarse e ao que cualificou de “escandoloso”. Así, afirmou que o Concello de Santiago pagaría ao redor dun millón de euros máis respecto do que vai pagar en 2024, concretamente, segundo puntualizaron fontes municipais a Europa Press 1,2 millóns máis, mentres que a diferenza con 2023 situaríase en 2,1 millóns.

Con todo, lamentou a “nefasta política” de tratamentos de residuos da Xunta, que lles fará pagar unha “subida escandalosa” por unha “irresponsabilidade”. Neste sentido, a alcadesa xa esgrimiu o pasado venres que esta subida estaba baseada nun modelo de xestión de lixo “absolutamente obsoleto, custoso e contaminante”.

ÚLTIMAS

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

O comité de Tralusa e delegados de Aulusa denuncian “escurantismo” sobre o contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato do transporte urbano de Santiago de Compostela comeza a xerar preocupación...

A USC acumula 85 estudantes en lista de espera para recibir atención psicolóxica

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente 85 persoas en lista de espera...

Fly2Galicia asegura que están garantidos os voos a partir do 1 de decembro cun único avión de White Airways

A turoperadora Fly2Galicia asegura que manterá a programación de voos chárter desde o aeroporto...

Rueda visita unha panadaría de Santiago tras os incidentes na folga do 11N: “Tan importante é o dereito á folga como a traballar”

O dereito á folga e o dereito a traballar volveron situarse este martes no...

A USC acumula 85 estudantes en lista de espera para recibir atención psicolóxica

A Universidade de Santiago de Compostela ten actualmente 85 persoas en lista de espera...

Borja Verea promete licenzas empresariais nun máximo dun mes e unha oficina única se chega á Alcaldía de Santiago

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a establecer un prazo...