InicioPOLÍTICAVilla esixe ao BNG arranxar o aparcamento municipal do CIMUS por deficiencias...

Villa esixe ao BNG arranxar o aparcamento municipal do CIMUS por deficiencias no firme

O concelleiro popular advirte que o estado do estacionamento podería empeorar co outono e pide accións urxentes

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, Adrián Villa, instou ao BNG a tomar medidas inmediatas para solucionar as deficiencias no aparcamento municipal situado a carón do CIMUS. Segundo Villa, este estacionamento, que leva só cinco meses en funcionamento, xa presenta numerosas fochancas e outras deficiencias que poderían converterse nun problema maior coa chegada do outono.

“As présas, que tanto lle gustan aos nacionalistas, non son boas,” afirmou o edil popular, quen destacou que o aparcamento “arrancou con mal pé” e que a súa condición “é aínda máis lamentable” co paso do tempo. Villa recordou que, “con toda a veciñanza en contra, os nacionalistas impuxeron a zona ORA no barrio de Santa Marta e, de agasallo, deixaron este estacionamento chapuceiro.”

Os populares xa advertiran na apertura do aparcamento en abril que o acceso e o firme non eran adecuados, e agora demandan arranxos urxentes para garantir a súa accesibilidade no outono, cando se espera un incremento significativo da actividade no lugar.

Ademais, Villa criticou as decisións do BNG no barrio, sinalando que a implantación dun aparcamento sen rotación e dunha zona ORA baleira de coches está a “xerar grandes prexuízos para a veciñanza e comercios.”

VILLA ACUSA AO BNG DE “MENTIR” SOBRE O SERVIZO DE AUTOBÚS

O edil popular acusou tamén ao BNG de mentir en relación ao servizo de autobús no barrio de Casas Novas, afirmando que a Liña 4, que debería prestar servizo nesta área, non está a realizar a prolongación prevista. Segundo Villa, esta situación deixa á veciñanza sen transporte público, contrariamente ao que asegura o concelleiro de Mobilidade, Xan Duro.

“O BNG non só está a chamar mentirosos ao Partido Popular, senón tamén aos máis de 30 veciños e veciñas cos que nos reunimos,” declarou Villa. O concelleiro popular insistiu en que a información proporcionada por TRALUSA ao goberno local non se corresponde coa realidade, xa que a Liña 4 non está a realizar as prolongacións necesarias para cubrir o servizo en Casas Novas.

Villa criticou duramente a actitude do BNG, pedindo aos seus representantes que “pisen a rúa e escoiten á veciñanza en vez de chamarlles mentirosos á cara.” Finalmente, o edil popular instou ao BNG a “traballar, buscar solucións e estar en contacto coa rúa” para resolver os problemas que afectan aos veciños de Santiago de Compostela.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here