InicioPOLÍTICAOs populares critican ao BNG por descoidar a limpeza e desbroces en...

Os populares critican ao BNG por descoidar a limpeza e desbroces en Santiago

Denuncian que a falta de mantemento converteu a cidade nun "monte"

Publicado o

Xornal de Compostela

A concelleira do Partido Popular en Santiago, Nerea Barcia, manifestou a súa preocupación pola falta de desbroces e limpeza no termo municipal. Segundo Barcia, esta situación provocou que Santiago se atope nun estado de abandonosimilar a unha selva, especialmente na primeira semana de agosto, coas tarefas de roza e limpeza pendentes.

Barcia criticou ao BNG pola súa xestión dos traballos de roza, afirmando que o partido nacionalista non só demorou o inicio das tarefas, senón que tamén ocultou o calendario previsto para estas actuacións. “A situación de Santiago é un reflexo de total descoido, con maleza que tapa sinais de tráfico e dificulta a visibilidade en diversas zonas da cidade”, asegurou a edil.

A concelleira tamén destacou que a falta de mantemento afecta a diferentes áreas da cidade, desde os barrios periféricos ata o monte Pedroso, onde o perigo de lumes aumenta. Ademais, criticou que o Concello enviou advertencias a veciños sobre a limpeza das súas propiedades, mentres que o propio goberno local non cumpre coas súas obrigas.

O Partido Popular exixiu ao goberno local que tome medidas urxentes para resolver a situación e asegurou que os traballos de roza, que deberían ter comezado en abril, deberían estar xa concluídos. Barcia concluíu que a imaxe da cidade está severamente prexudicada debido á falta de mantenimiento das áreas públicas e beirarrúas.

ÚLTIMAS

Rafael Louzán e Luís de la Fuente ofrecerán a Copa do Mundo ao Apóstolo Santiago este xoves

Compostela acollerá mañá xoves unha serie de actos arredor da Copa do Mundo de...

Unha vaga de falsas ameazas de bomba obriga a desaloxar tres institutos de Santiago e centros da comarca

Tres institutos de Santiago de Compostela tiveron que activar este mércores os seus protocolos...

Santiago acenderá o Nadal o 1 de decembro cunha festa participativa no Obradoiro e máis dun mes de actividades

O Concello de Santiago de Compostela presentou este mércores un avance da programación de...

O Concello cifra en 3,2 millóns o custo das conexións de autobús con Teo

O Concello de Santiago de Compostela está a analizar as condicións económicas para manter...

Borja Verea propón reforzar a colaboración entre o Concello de Santiago e as entidades de saúde mental

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, defendeu unha maior implicación do...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here