InicioPOLÍTICAA Xunta homenaxea a Rosalía de Castro coincidindo co Día de Galicia...

A Xunta homenaxea a Rosalía de Castro coincidindo co Día de Galicia cunha misa e unha ofrenda floral en San Domingos de Bonaval

Os conselleiros de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; de Educación, Román Rodríguez; e de Mar, Alfonso Villares, asistiron este xoves ao dobre acto relixioso e cívico que cada 25 de xullo se celebra en Santiago en memoria de Rosalía de Castro

Publicado o

Xornal de Compostela

Os conselleiros de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; de Educación, Román Rodríguez; e de Mar, Alfonso Villares, asistiron este xoves ao dobre acto relixioso e cívico que cada 25 de xullo se celebra en Santiago en memoria de Rosalía de Castro. O escenario foi a Igrexa de San Domingos de Bonaval, que acolleu a tradicional misa que se oficia nesta data en recordo dunha das principais pezas da cultura e da identidade de Galicia. Posteriormente, as autoridades e demais asistentes, entre os que se atopaba a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, acudiron a realizar unha ofrenda floral no Panteón de Galegas Galegos Ilustres, onde está enterrada a escritora.

ÚLTIMAS

Un grupo de corredores completan 51 km entre Melide e Santiago para visibilizar o rexeitamento social a Altri e á mina de Touro-O Pino

Un grupo de 14 corredores de montaña percorreu este domingo os 51 quilómetros que...

Muíños advirte de que a crise dos bombeiros esixe decisións políticas inmediatas

O portavoz das edilas non adscritas no Concello de Santiago, Gonzalo Muíños, elevou este...

A Policía Nacional investiga a morte dunha muller ao caerlle enriba unha neveira no seu domicilio en Santiago

A Policía Nacional abriu unha investigación para aclarar as circunstancias da morte dunha muller...

Os Bombeiros volven alertar da situación: Santiago respondeu con 9 bombeiros ao que Toledo afrontou con 20

A situación do servizo municipal de bombeiros volveu ao centro do debate en Santiago...

A itinerancia do Gaiás supera os 55.000 visitantes e estende a súa pegada cultural por Galicia, España e o exterior

O programa de itinerancias expositivas promovido pola Cidade da Cultura continúa a medrar no...

A Carpa Roxa activa máis de 30 propostas para dinamizar o Nadal no Ensanche compostelán

A praza Roxa converterase, un ano máis, nun dos principais epicentros do Nadal compostelán....

O Teatro Principal e o Auditorio de Galicia acollerán 33 funcións de teatro e danza no primeiro semestre de 2026

A programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura para o primeiro semestre de 2026...