InicioPOLÍTICAMoisés Rey, ex coordinador provincial do PSOE coruñés, porá orde no...

Moisés Rey, ex coordinador provincial do PSOE coruñés, porá orde no PSdeG santiagués

É o encargado de instruír o expediente aos edís de Santiago.

Publicado o

Xornal de Compostela

O que foi coordinador do PSOE provincial da Coruña Moisés Rey será o encargado de instruír o expediente aberto polo partido aos membros do Grupo Municipal de Santiago que romperon nun pleno do Concello a disciplina de voto marcada pola dirección local para unha ordenanza sobre a comunicación de vivendas de uso turísticos.

A dirección provincial do PSOE explicou que acordou, a través do seu secretario de Organización provincial, Diego Fernández López, designar como instrutor do expediente a este socialista, que foi varios anos Coordinador Provincial e conta con “unha ampla experiencia” dentro do Partido Socialista.

Ademais de tenente de Alcalde no Concello de Arteixo, do que é natural, foi vicepresidente da Deputación da Coruña durante a etapa de Salvador Fernández Moreda na Presidencia. Fontes socialistas consultadas por Europa Press incidiron en que se trata dun procedemento totalmente garantista e puxeron en valor a figura de Moisés Rey para instruír o expediente, tendo en conta que se trata dun militante “amplamente respectado no partido” e cunha recoñecida traxectoria.

Corresponde agora ao instrutor escoitar ás persoas inmersas neste procedemento, para determinar se os feitos que dan lugar á apertura do expediente incumpren e, de ser o caso, en que grao, as normas disciplinarias dos estatutos do partido, así como as sancións que poidan corresponder. Tras iso, a dirección federal do PSOE será a encargada de resolver o expediente.

CRISE NO PSOE COMPOSTELÁN

O conflito aberto no PSOE compostelán estalou o pasado 24 de xullo, data na que o seis concelleiros socialistas no Concello de Santiago desafiaron no pleno municipal a directriz da dirección local de optar pola abstención na ordenanza sobre a comunicación das vivendas de uso turístico e situáronse a favor da medida.

De forma paralela, nesa mesma xornada, a dirección local aprobou o cambio do xefe de prensa e a xefa de gabinete que traballan para a formación no Concello de Santiago e deu cinco días ao portavoz municipal, Gonzalo Muíños, para que formalizase as substitucións ou procedería a incoarlle as correspondentes dilixencias disciplinarias. Con todo, o portavoz non chegaría a executar o cesamento dos dous traballadores, de confianza dos integrantes do grupo municipal.

ÚLTIMAS

Masiva manifestación en Santiago contra “o negocio da vivenda”: ‘Ter un teito é un dereito’

Milleiros de persoas percorreron as rúas compostelás durante a xornada deste sábado para clamar...

A Intermodal estará operativa ao longo do mes de maio

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Santiago, Gumersindo Guinarte, acompañado polo secretario xeral...

Pontón anima a participar na manifestación en Santiago para defender a sanidade pública

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo este sábado un chamamento á mobilización...

Trasladado un traballador e desaloxado un edificio tras o incendio nun local de hostalaría da praza de Cervantes

Un traballador dun local de restauración de Santiago tivo que ser trasladado tras un...

Masiva manifestación en Santiago contra “o negocio da vivenda”: ‘Ter un teito é un dereito’

Milleiros de persoas percorreron as rúas compostelás durante a xornada deste sábado para clamar...

A Intermodal estará operativa ao longo do mes de maio

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Santiago, Gumersindo Guinarte, acompañado polo secretario xeral...

Pontón anima a participar na manifestación en Santiago para defender a sanidade pública

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, fixo este sábado un chamamento á mobilización...