InicioPOLÍTICAO PSOE local pide "dilixencia" ao Concello para declarar a cidade como...

O PSOE local pide “dilixencia” ao Concello para declarar a cidade como mercado residencial tensionado

Os socialistas esixiron ao goberno municipal que constitúa de forma urxente a mesa sectorial

Publicado o

Xornal de Compostela

A executiva do PSOE local e o Grupo Municipal Socialista pediron, en senllos comunicados remitidos aos medios, “dilixencia” ao goberno municipal de Goretti Sanmartín para declarar a Santiago de Compostela como zona de mercado residencial tensionado.

Por unha banda, a executiva local capitaneada por Aitor Bouza esixiu ao goberno municipal que constitúa de forma urxente a mesa sectorial e elabore toda a documentación necesaria para pedirlle á Xunta a declaración da cidade como mercado tensionado.

“Esta mesma semana, todos somos testemuñas de que os alugueres son inasumibles para os estudantes”, sinala o secretario xeral do PSOE compostelán, que lembra que o PSOE levou ao pleno do 29 de xaneiro unha proposición aprobada por maioría neste sentido.

“Desde entón, os socialistas levamos reivindicado ao goberno municipal a necesidade de que se fagan con urxencia os traballos necesarios e obrigatorios por lei para que se poida solicitar á Xunta a declaración de Santiago como zona de mercado residencial tensionado”, indicou o socialista, que asegura que, “tras meses esperando pola constitución da mesa sectorial” requirida na lei galega, o Concello segue sen facer e dar os pasos necesarios para avanzar na limitación dos prezos dos alugueres.

PREGUNTA AO CONCELLEIRO DE URBANISMO

Pola súa banda, noutro comunicado remitido aos medios, a concelleira socialista Mercedes Rosón informou de que o Grupo Municipal Socialista pedirá explicacións ao goberno municipal polos pasos datos ata agora para conseguir a declaración de Santiago como mercado tensionado. A edil asegurou que as dificultades dos estudantes para atopar piso, sumadas ao prezo “nada alcanzable” dos alugueres, “deben levar a dar novos pasos nas políticas de vivenda”.

Rosón criticou que “medio ano” despois da aprobación da moción no pleno, nada se sabe destes trámites, polo que pediu “dilixencia” ao goberno local e “explicacións”.

Así, no pleno do 19 de xullo o Grupo Municipal interpelará ao concelleiro de Urbanismo para pedirlle contas dos pasos dados ata agora”, “se é que se fixo algo”.

ÚLTIMAS

Yossou N’Dour, primeira confirmación para os concertos do Apóstolo de 2025

O músico Yossou N'Dour actuará o 22 de xullo na Praza da Quintana, en...

Recibidas 7 alegacións á taxa turística, que volverá a pleno en xullo para a súa aprobación final

O Concello de Santiago recibiu un total de sete alegacións á ordenanza da taxa turística, que agora...

Sumar insta á Xunta a declarar Santiago como zona tensionada ante a crise de vivenda

A chegada de xullo marcou, un ano máis, o inicio dunha das etapas máis...

(VÍDEO) A veciñanza critica o deseño para peóns e bicicletas da rúa do Pombal

A rúa do Pombal reabriu hai uns meses ao tráfico tras máis de oito...

O Concello xa estuda as alternativas para proceder ao pago das facturas derivados do gasto do bus urbano

Os servizos técnicos do Concello de Santiago xa avalían todas as opcións posibles para...

O PP denuncia actos de vandalismo na súa sede e reclama ao BNG que condene os feitos

O Partido Popular de Santiago de Compostela denunciou hoxe publicamente os actos de vandalismo...

O BNG defende un parque público de vivenda baseado no alugueiro como resposta á crise habitacional

O Bloque Nacionalista Galego presentará este martes en Santiago de Compostela as súas propostas...